CD45: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{cite web → {{Cita web (2)
rutinario > rutineiro
Liña 6:
A proteína codificada por este xene é un membro da familia da [[proteína tirosina fosfatase]] (PTP). As PTPs son moléculas de [[sinalización celular]] que regulan diversos procesos celulares como o crecemento celular, diferenciación, [[ciclo celular|ciclo mitótico]], e a transformación [[oncoxene|oncoxénica]]. A PTPRC contén un dominio extracelular, un só segmento transmembrana e dous tándem de dominios catalíticos intracitoplasmáticos, polo que pertence ás PTP de tipo receptor. Este xene exprésase especificamente en células hematopoéticas. Esta PTP é un regulador esencial da sinalización do receptor de antíxenos das células T e B ([[TCR]], [[BCR]])<ref>[http://www.uniprot.org/uniprot/P08575 UniProt PTPRC]</ref>. Funciona por interacción directa con compoñentes dos complexos do receptor de antíxenos ou tamén activando varias [[quinase]]s da familia Src requiridas para a sinalización do receptor de antíxenos. Esta PTP tamén suprime as quinases JAK, e, deste modo, funciona como un regulador negativo da sinalización do receptor de citocinas. Informouse da existencia neste xene de catro variantes de [[transcrición xenética|transcrición]] de [[splicing alternativo]], que codifican distintas [[isoforma]]s.<ref name="entrez" />
 
O PTPRC é unha [[proteína transmembrana]] de tipo I que está presente en diferentes formas en todas as células [[hematopoético|hematopoéticas]] diferenciadas agás os [[eritrocito]]s e [[célula plasmática|células plasmáticas]] que axuda na activación desas células (unha forma de [[coestimulación]]). [[Expresión xénica|Exprésase]] en [[linfoma]]s, [[célula B|células B]] [[leucemia linfocítica crónica]], [[tricoleucemia]], e [[leucemia non linfocítica aguda]]. Os [[anticorpo monoclonal|anticorpos monoclonais]] para o CD45 utilízanse rutinariamenterutineiramente en [[inmunohistoquímica]] para diferenciar nas preparacións histolóxicas os [[linfoma]]s dos [[carcinoma]]s.<ref name=Leong>{{Cita libro|author=Leong, Anthony S-Y|author2=Cooper, Kumarason|author3=Leong, F Joel W-M|year=2003|title=Manual of Diagnostic Cytology|edition=2|publisher=Greenwich Medical Media, Ltd.|pages=121–124|isbn=1-84110-100-1}}</ref>
 
== Isoformas ==
Liña 29:
 
== Uso como marcador ==
En ratos hai dous [[alelo]]s identificables do CD45: CD45.1 (Ly5.1) e CD45.2 (Ly5.2). Estes dous tipos de CD45 crese que son funcionalmente idénticos. Utilízanse rutinariamenterutineiramente en investigación científica para a identificación de células. Por exemplo, poden transferirse [[leucocito]]s desde un rato CD45.1 doante a un rato CD45.2 [[hóspede]], e poden ser despois identificados pola súa expresión de CD45.1. Esta técnica é tamén de uso corrente cando se xeran [[quimera (bioloxía)|quimeras]]. Un sistema alternativo é o uso de alelos [[CD90]] (Thy1). O sistema CD90.1/CD90.2 utilízase do mesmo xeito ca o CD45.1/CD45.2.
 
== Notas ==