Diferenzas entre revisións de «Sacramento Kings»

entera > enteira
(convertir > converter)
(entera > enteira)
Durante o primeiro [[draft da NBA]] do equipo en Cincinnati, o equipo adquiriu a [[Clyde Lovellette]] e ao base George King. Construíron un equipo con Maurice Stokes e Twyman para producir un futuro candidato ao título na primeira tempada do equipo en Cincinnati. A lesión de Marshall e a perda da estrela [[Si Green]] por ir ao servizo militar levou ao equipo a empatar na segunda praza da División Oeste da NBA durante a segunda parte da tempada 1957-58.
 
No final da tempada, [[Maurice Stokes]] golpeouse na cabeza ao caer tras capturar un rebote. Tras o primeiro partido nos playoffs tres días máis tarde, a lesión na cabeza de Stokes agravouse debido á presión da cabina do avión durante o voo de volta a Cincinnati para o segundo partido. Foi hospitalizado permanentemente, unha traxedia que impactou moito ao equipo. Stokes, un gran talento que podía xogar de pivote, de aleiro ou de base, foi 2º na NBA en rebotes e 3º en asistencias, algo que tan só fixo [[Wilt Chamberlain]] nunha tempada enteraenteira. Sen Stokes, o equipo veuse abaixo.
 
O membro do All-Star Twyman chegou a un gran nivel nas seguintes dúas tempadas en Cincinnati, e o equipo fixo dúas tempadas de 19 vitorias. O equipo da tempada 1958-59 contaba principalmente con cinco rookies, con Lovellette, King e outro xogadores clave deixando o equipo tras a tráxica lesión de Stokes. Os Harrison, baixo presión para vender o equipo, o venderon a un grupo local liderado por Thomas Woods. O feito de que Stokes fora simplemente botado polo equipo e polos novos donos enfureceu a moitos.
Jack Twyman reuniu fondos para o tratamento médico de Stokes, e axudou ao seu compañeiro ata o seu falecemento en abril de [[1970]]. A película ''Maurie'' de 1973 contou a súa historia, protagonizada por [[Bernie Casey]] e [[Bo Svenson]].
 
Twyman foi o segundo xogador da NBA na historia en facer 30 partidos por partido nunha tempada enteraenteira da NBA. Twyman e Stokes foron máis tarde incluídos no [[Basketball Hall of Fame|Hall of Fame]].
 
En [[1960]], o equipo puido fichar á estrela local [[Oscar Robertson]]. Robertson liderou a un equipo no que tamén estaban Twyman, [[Wayne Embry]], [[Bob Boozer]], [[Bucky Bockhorn]], [[Tom Hawkins]] e [[Adrian Smith]] nas tres seguintes tempadas. Os Royals cambiaron a súa sorte con Robertson e ascenderon a ser candidatos ao título. Unha disputa entre propietarios botou por terra as posibilidades de playoff cando o novo propietario Louis Jacobs contratou un circo para o Cincinnati Gardens na semana das series de playoffs contra os campións [[Boston Celtics]]. Os Royals tiveron que usar a casa do equipo da Universidade de Xavier, Schmidt Field House.
9.757

edicións