Diferenzas entre revisións de «Voo 517 de Eastwind Airlines»

 
O aparello non sufriu danos como resultado do incidente. Un asistente de voo tivo feridas leves e o restos dos tripulantes e pasaxeiros saíron ilesos.
 
== Investigación e consecuencias ==
A [[NTSB]] investigou o incidente, con especial énfase en determinar se os eventos do voo 517 tiñan relación cos anteriores accidentes de 737.<ref name=":0" />
 
Durante a investigación a NTSB atopou que antes do incidente do [[9 de xuño]], varias tripulacións informaran dunha serie de eventos relacionados co timón, incluídos "golpes" anormais nos pedais do timón e movementos non ordenados do mesmo.<ref name=":0" />
 
Os investigadores realizaron entrevistas cos pilotos do voo 517, e retiraron os compoñentes do timón do avión para examinalos, o que axudou a esablecer a causa dos accidentes deo [[voo 585 de United Airlines]] e do [[voo 427 de USAir]]. A NTSB determinou que os tres incidentes só podían ser explicados por un erro do piloto ou polo mal funcionamento do sistema do timón, e baseandose en parte nas entrevistas posteriores cos pilotos do voo 517, concluíu que os fallos do timón poderían ter causado os tres incidentes.<ref name=":0" />
 
A NTSB tamén determinou que, a diferencia dos accidentes do United e do USAir, o problema no timóns do voo 517 ocorreu antes no proceso de ateraxe e a unha velocidade maior, o que incrementou o fluxo de aire sobre as outras superficies de control do avión, permitindo aos pilotos superar o xiro inducido polo timón.<ref name=":0" />
 
== Notas ==
67.701

edicións