JSON: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Na práctica, os argumentos a favor da facilidade de desenvolvemento de analizadores ou do rendemento dos mesmos son pouco relevantes, debido ás cuestións de seguridade que expón o uso de <code>eval()</code> e o auxe do procesamento nativo de XML incorporado nos navegadores modernos. Por esa razón, JSON emprégase habitualmente en contornas onde o tamaño do fluxo de datos entre cliente e servidor é de vital importancia (de aquí o seu uso por Yahoo, Google etc, que atenden a millóns de usuarios) cando a fonte de datos é explicitamente de fiar e onde non é importante o non dispor de procesamento XSLT para manipular os datos no cliente.
 
Aínda que é frecuente ver JSON situado ''contra'' XML, tamén é frecuente o uso de JSON e XML na mesma aplicación. Por exemplo, unha aplicación de cliente que integra datos de [[Google Maps]] con datos meteorolóxicos en [[SOAP]] fanfai necesario soportar ámbolos formatos.
 
Cada vez hai máis soporte de JSON mediante o uso de paquetes escritos por terceiras partes. A lista de linguaxes soportadas inclúe , [[ActionScript]], [[linguaxe de programación C|C]], [[C++]], [[C Sharp|C#]], [[ColdFusion]], [[Common Lisp]], [[Delphi]], [[E programming language|E]], [[Linguaxe de programación Eiffel|Eiffel]], [[Linguaxe de programación Java|Java]], [[JavaScript]], [[ML]], [[Ocaml|Objective CAML]], [[Perl]], [[PHP]], [[Python]], [[Rebol]], [[Ruby]], [[Lua]] e [[Visual FoxPro]].
 
En decembro de 2005 [[Yahoo!]] comezou a dar soporte opcional de JSON nalgúns dos seus [[Servizo web|servizos web]].<ref name="yahoo">{{cita web |url=http://developer.yahoo.com/common/json.html |título=Using JSON with Yahoo! Web services |autor=[[Yahoo!]] |dataacceso=2 de marzo de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20071011085815/http://developer.yahoo.com/common/json.html |dataarquivo=11 de outubro de 2007 |urlmorta=si }}</ref>
 
O termo JSON está altamente difundido nos medios de programación, con todo, é un termo mal descrito xa que en realidade é só unha parte da definición do estándar ECMA-262 en que está baseado Javascript. Por iso é polo que nin Yahoo, nin Google empregan JSON, senón LJS. Unha das calidades intrínsecas de Javascript denominada LJS (Literal Javascript) facilita o fluxo de datos e mesmo de funcións, para ao cal non require a función <code>eval()</code> se son datos os que se transfiren como no caso de XML. Todo o referente a transferencia de datos en todos os seus tipos, incluíndo arrays, booleans, integers etc. non requiren da función <code>eval()</code>, e é precisamente niso onde supera por moito JavaScript ao XML, se se utiliza o LJS e non a incorrecta definición de JSON.
 
== Uso de JSON ==