Voo 517 de Eastwind Airlines: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 12:
== Voo ==
O voo 517 era un servizo regular de pasaxeiros de [[Eastwind Airlines]] dende o [[aeroporto de Trenton-Mercer]] en [[Trenton, Nova Jersey]], ata o [[aeroporto de Richmond]] en [[Richmond, Virxinia]]. O voo estaba operado por un [[Boeing 737-200]] con rexistro N221US. Ese día aos mandos atopábanse o capitán Brian Bishop e o primeiro oficial Spencer Griffin. Había un total de 53 persoas a bordo.<ref name=":0" />
 
== Incidente ==
O voo 517 saíu de Trenton sen problemas e non se atoparon con turbulencias ou meteoroloxía adversa durante a ruta a Richmond. Mentres se aproximaba ao aeroporto de Richmond a unha altura duns 5 000 pés (1 500 m), o capitán sentiu unbreve "golpe" no pedal dereito do timón.<ref name=":0" /> Sobre o mesmo intre, un asistente de voo na parte traseira do avión escoitou un forte ruído detrás dela.<ref name=":0" /> Cando o avión continuou descendendo aos 4 000 pés (1 200 m), o capitán experimentou de súpeto unha perda do control do timón e o avión xirou bruscamente cara a dereita.<ref name=":0" />
 
Intentando recuperar o control, o capitán probou a poñer o timón totalmente á esquerda, pero os controis estaban ríxidos e non responderon ás súas ordes. O capitán aplicou o alerón á esquerda e incrementou a potencia do motor dereito para intentar parar o xiro. O avión estabilizouse temporalmente, e despois xirou cara a dereita novamente. A tripulación executou a súa lista de verificación de emerxencia e intentou recuperar o control do avión, e tras varios segundos fixéronse abruptamente co control. O avión operou normalmente o resto do voo.<ref name=":0" />
 
O aparello non sufriu danos como resultado do incidente. Un asistente de voo tivo feridas leves e o restos dos tripulantes e pasaxeiros saíron ilesos.
 
== Notas ==