Fibra óptica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Tradución directa da versión española https://es.wikipedia.org/wiki/Fibra_óptica
Tradución da versión en español https://es.wikipedia.org/wiki/Fibra_óptica
Liña 69:
Calquera técnica que se utilice que permita a construción da preforma é común en todos os procesos de estiramento desta. A técnica consiste basicamente na existencia dun forno tubular aberto en cuxo interior se somete a preforma a unha temperatura de 2000° C para lograr o abrandamento do cuarzo e que quede fixo o diámetro exterior da FO. Este diámetro hase de manter constante mentres se aplica unha tensión sobre a preforma. Para lograr isto, os factores que o permiten son precisamente a constancia e uniformidade da tensión de tracción e a ausencia de correntes de convección no interior do forno. Neste proceso débese coidar que a atmosfera interior do forno estea illada de partículas que veñen do exterior para evitar que a superficie abrandada da FO poida ser contaminada, ou que se poidan crear microfisuras coa consecuente inevitable rotura da fibra. Aquí é onde tamén se aplica á fibra un material sintético que xeralmente é un [[polímero]] viscoso, o cal posibilita as elevadas velocidades de estirado comprendidas entre ''1m/sg'' e ''3m/sg'', formándose así unha capa uniforme sobre a fibra totalmente libre de burbullas e impurezas. Posteriormente pásase ao endurecemento da protección antes descrita, quedando así a capa definitiva de polímero elástico. Isto realízase habitualmente mediante procesos térmicos ou a través de procesos de reaccións químicas mediante o emprego de radiacións ultravioletas.
 
== Aplicacións ==
<br />
 
O seu uso é moi variado: desde comunicacións dixitais e xoias, pasando por sensores e chegando a usos decorativos, como árbores de [[Nadal]], veladores e outros elementos similares. Aplicacións da fibra monomodo: Cables submarinos, cables interurbanos etc.
 
=== Comunicacións con fibra óptica ===
A fibra óptica emprégase como medio de transmisión en redes de telecomunicacións xa que pola súa flexibilidade os condutores ópticos poden agruparse formando cables. As fibras usadas neste campo son de plástico ou de vidro e algunhas veces dos dous tipos. Pola baixa atenuación que teñen, as fibras de vidro son utilizadas en medios interurbanos.
 
=== Sensores de fibra óptica ===
Xeralmente faise unha distinción básica entre sensores intrínsecos e sensores extrínsecos. No sensor intrínseco, a fibra en si mesma é o elemento sensorio. No caso do sensor extrínseco, a fibra utilízase para transferir os sinais dun sensor remoto a un sistema electrónico que procesa os sinais. As fibras ópticas pódense utilizar como sensores para medir: deformación, temperatura, presión, humidade, campos eléctricos ou magnéticos, gases, vibracións e outros parámetros. O seu tamaño pequeno e o feito de que por elas non circula corrente eléctrica danlles certas vantaxes respecto a os sensores eléctricos. As fibras ópticas utilízanse como [[hidrófono]] para os [[Terremoto|sismos]] ou aplicacións de [[sonar]]. Desenvolvéronse sistemas hidrofónicos con máis de 1000 sensores usando a fibra óptica. Os hidrófonos son usados pola industria de petróleo así como as mariñas de guerra dalgúns países. A compañía alemá Sennheiser desenvolveu un micrófono que traballa con láser e fibras ópticas. Desenvolvéronse sensores de fibra óptica para a temperatura e presión de pozos petrolíferos. Estes sensores poden traballar a maiores temperaturas que os sensores de semicondutores. Outro uso da fibra óptica como sensor é o [[xiroscopio]] de fibra óptica que usan numerosas aeronaves e o uso en microsensores do [[hidróxeno]].
 
Os '''sistemas sensores fotónicos''' por fibra óptica teñen ou poden ter catro partes fundamentais:
 
# O sensor ou transductor.
# O interrogador, que emite e recibe o sinal óptico.
# O cable óptico.
# Acopladores, multiplexores, amplificadores ou conmutadores ópticos (opcional).
 
O ''interrogador'' xera un sinal óptico que se guía polo cable óptico do sensor. Cando unha magnitude, como a presión, temperatura, fluxo etc. se aplica ao sensor, os parámetros fundamentais da luz, tales como a intensidade ou lonxitude de onda, cambian. A luz retorna modificada a través do cable ata o interrogador, onde se mide coidadosamente para determinar a cantidade de cambio na onda de luz. Utilízanse algoritmos para converter o sinal óptico nun sinal electrónico calibrado que pode estar conectado a un sistema de control de procesos, a un sistema de adquisición de datos, ou para unha visualización en tempo real. Se é necesaria unha etapa de multiplexado son indispensables novos compoñentes, como poden ser un ou varios acopladores, ou multiplexores en lonxitude de onda, amplificadores ópticos ou un conmutador de fibra óptica.
 
Os sistemas sensores por fibra óptica poden ser puntuais ou distribuídos. Se o interrogador é capaz de detectar variacións dalgún parámetro óptico (tipicamente temperatura ou deformación) ao longo de todo o cable óptico, o sistema chámase distribuído. Estes sistemas presentan a gran vantaxe de utilizar como transductor o propio cable óptico. Os sistemas puntuais monitorizan sensores dispostos en posicións concretas dentro dunha rede de sensores. Estes últimos sistemas permiten monitorizar moitos máis parámetros que os sistemas distribuídos (gases, índice de refracción etc.). O alcance dos sistemas distribuídos pode estenderse ata os 120 km desde a unidade de interrogación. Para sistemas puntuais, a distancia de monitorización remota pode chegar ata 250 km.
 
=== Iluminación ===
Outro uso que se lle dá á fibra óptica é a iluminación de calquera espazo. Nos últimos anos as fibras ópticascomezaron a ser moi utilizadas debido ás vantaxes que este tipo de iluminación representa:
 
* Ausencia de electricidade e calor: Isto débese a que a fibra só ten a capacidade de transmitir os feixes de luz, ademais de que a lámpada que ilumina a fibra non está en contacto directo coa mesma.
* Pódese cambiar a cor da iluminación sen necesidade de cambiar a lámpada: Isto débese a que a fibra pode transportar o feixe de luz de calquera cor sen importar a cor da fibra.
* Por medio de fibras, cunha soa lámpada pódese facer unha iluminación máis ampla: Isto é debido a que cunha lámpada pódense iluminar varias fibras e colocalas en diferentes lugares.
 
=== Máis usos da fibra óptica ===
 
* Pódese usar como unha guía de onda en aplicacións médicas ou industriais nas que é necesario guiar un feixe de luz ata un branco que non se atopa na liña de visión.
* A fibra óptica pódese empregar como sensor para medir tensións, temperatura, presión así como outros parámetros.
* É posible usar ''latiguillos'' de fibra xunto con lentes para fabricar instrumentos de visualización longos e delgados chamados endoscopios. Os endoscopios úsanse en medicina para visualizar obxectos a través dun buraco pequeno. Os endoscopios industriais úsanse para propósitos similares, por exemplo, para inspeccionar o interior de turbinas.
* As fibras ópticas empregáronse tamén para usos decorativos incluíndo iluminación, árbores de Nadal.
* Liñas de abonado
* As fibras ópticas son moi usadas no campo da iluminación. Para edificios onde a luz pode ser recollida na azotea e ser levada mediante fibra óptica a calquera parte do edificio.
* Emprégase como compoñente na confección do formigón translúcido, invención creada polo arquitecto húngaro Ron Losonczi, que consiste nunha mestura de formigón e fibra óptica formando un novo material que ofrece a resistencia do formigón pero adicionalmente, presenta a particularidade de deixar traspasar a luz de pao a pao.
 
==Código de cores FO==
Os fíos de fibra óptica levan recubrimento de plástico para a súa protección. Este plástico de cores é unha codificación segundo a normativa de telecomunicacións.<ref>{{Cita web|url=http://www.thefoa.org/tech/ColCodes.htm|páxina-web=www.thefoa.org|título=Fiber Optic Cable Color Codes|data-acceso=2018-12-28}}</ref>
 
{| border="0" style="background:#ffffff" align="top" class="wikitable" "width:600px"