Domando a fera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 30:
David Huxley ([[Cary Grant]]) é un [[paleontoloxía|paleontólogo]] de vida pacífica, que ten como maior preocupación rematar a montaxe do [[esqueleto]] dun [[Apatosaurus|brontosauro]] ao que lle falta un óso. Está a piques de casar cunha muller de personalidade ríxida e ademais ten que dar boa impresión a Mrs. Random, unha rica muller que está pensando en facer unha xenerosa doazón ao seu museo. Porén, o día anterior á súa voda, David coñece a Susan Vance ([[Katharine Hepburn]]), unha moza aloucada que resulta ser a sobriña de Mrs. Random.
 
O irmán de Susan, Mark, envioulle dende [[Brasil]] un [[leopardo]] domesticado chamado "Baby", para que ela o entregue á súa tía. Susan confunde a David cun [[zooloxía|zoólogo]] e obrígao a que a acompañe á súa casa de campo para facerse cargo de Baby. A situación complícase cando Susan comprende que está namorada de David e decide retelo para evitar que case. Ademais, o can de Susan rouba e enterro o último óso do [[brontosauro]] de David e este deixa solto por erro outro leopardo dun circo próximo.
 
== Personaxes ==