Michel Ney: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
correción
Liña 17:
 
===Actuación na Guerra Peninsular===
En agosto de 1808, Ney foi enviado á [[Península ibérica]], ao mando do VI Corpo. Logo da derrota francesa en [[Batalla de Bailén|Bailén]], o mesmo Emperador decidíu entrar en España con a [[Grande Armée]]. A súa vez a entrada de [[John Moore]], desde [[Portugal]], desencadea, unha manobra do exército napoleónico desexoso de derrotar un exército británico. Moore vese obrigado a iniciar a retirada desde Valladolid cara o Noroeste, perseguido pola Grande Armée. Xunto detrás dos británicos camiña na mesma dirección o exército español do marqué de la Romana. Desde [[Astorga]], atraído por outros sucesos, Napoleón deixa dúas unidades en persecución de Moore: o II Corpo a mando de [[Nicolas Jean-de-Dieu Soult|Soult]] e o VI Corpo a cargo de Ney. Ambos chegan a tempo de enfrontarse aos británicos nos arredores da Coruña: é a [[batalla de Elviña]], na que o mesmo Moore perde a vida. Asentados os franceses na Galiza, Ney recibe ordes de controlar o Norte do país e máis [[Asturias]], para o que centra o seu acampamento en [[Lugo]]. En marzo de 1809, Ney tenta someter a costa occidental galega, sen conseguir acabar con as partidas de guerrilleiros que acosas os destacamentos franceses. A fins de marzo dese ano foron recuperadas polos galegos as prazas de [[Vigo]], [[Pontevedra]] e [[TúiTui]], feitos que coutaban o enlace con Soult, entón en [[Portugal]]. En maio, Ney tivo noticias de que o [[Pedro Caro y Sureda|marqués de la Romana]] estaba en [[Asturias]], polo que decidíu buscalo alí, porén foi unha manobra errada, pois o español retirárase para Galiza. O regreso de Soult desde Portugal até [[Ourense]] foi dificultoso. Reunidos Soult e Ney deciden unha nova estratexia. Ney parte cara Vigo con intención de recobrar a cidade, mais na batalla de [[Batalla de Ponte Sampaio|Ponte Sampaio]] entre os días 7 e 9 de xuño de 1809, as tropas francesas non poden cruzar o [[río Oitavén]], véndose obrigadas a retirarse. O fracaso de Soult no interior meridional de Galiza, e novos acontecementos no centro da península, onde Wellington ameaza entrar en Madrid, obrigan a saír a ambos marechais de Galiza. Ney faino por [[Pedrafita]] e o [[Bierzo]]. Cando se xuntan só lles fican 18.000 dos 53.000 homes con os que chegaran.
 
En 1810 Ney uníuse ao estado maior do [[André Masséna|marechal Masséna]] para invadir de novo Portugal. Nesa campaña tomou [[Ciudad Rodrigo]] e [[Batalla de Coa|Coa]], e tomou parte na [[batalla de Buçaco]], acción que foi desafortunada para as tropas francesas. Durante a retirada das topas luso-británicas para Torres Vedras, Ney foi destituído do seu mando por insubordinación <ref>Chandler. ''Dictionary of the Napoleonic wars'', p.314</ref>.