ADN mitocondrial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10)
Substitución automática de "Map-of-human-migrations.jpg" por "World_map_of_prehistoric_human_migrations.jpg" segundo o ordenou [[commons:User:Commo
Liña 214:
 
O ADNmt pode usarse tamén para identificar individuos.<ref>{{Cita publicación periódica | author=Brown WM |year=1980 | title=Polymorphism in mitochondrial DNA of humans as revealed by restriction endonuclease analysis | journal=Proc Natl Acad Sci USA |volume=77 | pages=3605–3609 | pmid=6251473 | doi=10.1073/pnas.77.6.3605 | issue=6 | pmc=349666}}</ref> Os laboratorios forenses usan ocasionalmente comparacións de ADNmt para identificar restos humanos, e especialmente para identificar restos esqueléticos antigos. Porén, a diferenza do ADN nuclear, o ADNmt non é específico dun individuo, pero pode usarse en combinación con outras evidencias (probas antropolóxicas, evidencias circunstanciais etc.) para establecer a identificación. O ADNmt tamén se usa para excluír posibles coincidencias entre persoas desaparecidas e restos identificados.<ref>{{Cita web |url=http://www.ancientdna.com/forensic.html |título=Paleo-DNA Laboratory - Forensic Services<!-- Bot generated title --> |data-acceso=13 de xullo de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120313005844/http://www.ancientdna.com/forensic.html |dataarquivo=13 de marzo de 2012 |urlmorta=si }}</ref> Moitos investigadores cren que o ADNmt é mellor para identificar esqueletos antigos ca o ADN nuclear porque o gran número de copias existentes por cada célula incrementa a posibilidade de obter mostras útiles, e porque unha coincidencia cun parente vivo é posible mesmo se están ambos separados por numerosas xeracións maternas. Os restos do bandido norteamericano [[Jesse James]] foron identificados por medio dunha comparación entre o ADNmt extraído dos seus restos e o ADNmt dos fillos por liña materna da bisneta da súa irmá.<ref name="pmid11210907">{{Cita publicación periódica |author=Stone AC, Starrs JE, Stoneking M |title=Mitochondrial DNA analysis of the presumptive remains of Jesse James |journal=J. Forensic Sci. |volume=46 |issue=1 |pages=173–6 |year=2001 |pmid=11210907 |url=http://www.eva.mpg.de/genetics/pdf/Stone.JFS.2001.pdf |archiveurl=https://web.archive.org/web/20060222111824/http://www.eva.mpg.de/genetics/pdf/Stone.JFS.2001.pdf |archivedate=22 de febreiro de 2006 |apelidos= |data= |revista= |data-acceso=13 de xullo de 2011 |urlmorta=si }}</ref> De xeito similar, puideron identificarse os restos da última emperatriz de Rusia, [[Alexandra Fiodorovna Romanova|Alexandra Fiodorovna]], e os seus fillos por comparación do seu ADNmt co do [[Filipe de Edimburgo|Príncipe Filipe, duque de Edimburgo]], cuxa avoa materna foi a irmá de Alexandra, Victoria de Hesse.<ref name="pmid8162066">{{Cita publicación periódica |author=Gill P, Ivanov PL, Kimpton C, ''et al.'' |title=Identification of the remains of the Romanov family by DNA analysis |journal=Nat. Genet. |volume=6 |issue=2 |pages=130–5 |year=1994 |pmid=8162066 |doi=10.1038/ng0294-130 |url=}}</ref> Tamén se identificaron os restos do último [[tsar]] de Rusia [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]] ao compararen o seu ADNmt co de James Carnegie, terceiro duque de Fife, cuxa bisavoa materna, a raíña [[Alexandra de Dinamarca]], era irmá da nai de Nicolás II, Dagmar de Dinamarca (emperatriz María Fiodorovna).<ref>Os detalles das probas publicáronse en Gil et al., ''Identification of the Remains''. O duque de Fife foi oficialmente nomeado como a fonte da mostra de comparación do ADNmt en Ivanov, ''Mitochondrial DNA'', p. 419.</ref>
[[Ficheiro:Map-World map of- prehistoric human- migrations.jpg|miniatura|dereita|350px|Modelo da orixe africana e as posteriores migracións do ser humano, baseado en estudos do ADNmt.]]
 
Os [[tamaños efectivos de poboación]] baixos e as rápidas frecuencias de mutación (en animais) fan ao ADNmt útil tamén para avaliar as relacións xenéticas de individuos ou grupos dunha mesma especie e tamén para identificar e cuantificar a [[filoxenia]] (relacións evolutivas) de diferentes especies, con tal de que non estean demasiado separadas no tempo. Para facelo, os biólogos determinan e despois comparan as secuencias de ADNmt de diferentes individuos ou especies. Os datos das comparacións úsanse para construír unha rede de relacións entre as secuencias, o cal proporciona unha estimación das relacións entre os individuos e as especies examinadas. Esta estratexia ten límites impostos pola frecuencia de cambio das secuencias. Por exemplo, en animais as altas taxas de mutación fan ao ADNmt máis útil para comparar individuos dunha especie e para comparar especies que teñen un parentesco próximo ou relativamene próximo, entre as cales o número de secuencias diferentes pode ser contado doadamente. Pero a medida que as especies teñen un parentesco máis afastado no tempo, o número de diferenzas nas secuencias faise máis grande, e os cambios empezan a acumularse ata que se fai imposible un reconto preciso.