Ciclo bioxeoquímico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Bioloxía e Xeoloxía}}
Liña 1:
{{1000 artigos icona título|materia=Bioloxía e Xeoloxía}}
[[Ficheiro:Carbon cycle-cute diagram.svg|miniatura|300px|Diagrama do [[ciclo do carbono]] como exemplo de ciclo bioxeoquímico.]]
Nas [[ciencias da Terra]], un '''ciclo bioxeoquímico''' é unha vía mediante a cal unha substancia química circula entre os compartimentos bióticos ([[biosfera]]) e abióticos ([[litosfera]], [[atmosfera]], e [[hidrosfera]]) da [[Terra]]. Nestes ciclos prodúcense unha serie de cambios que ao final volven ao punto inicial e todo o proceso pode repetirse de novo.<ref name="Prentice Hall Biology">Prentice Hall Biology.</ref><ref name="Matter cycles at Lenntech">[http://www.lenntech.com/matter-cycles.htm Matter cycles at Lenntech.]</ref> A auga, por exemplo, está a reciclarse decote por medio do [[ciclo da auga]], como o que se mostra no diagrama. A auga sofre [[evaporación]], [[condensación]], e [[Precipitación (meteoroloxía)|precipitación]], caendo de novo á Terra, e pasa aos seres vivos que a absorben ou incorporan coa bebida ou alimentos. Os elementos e compostos químicos pasan dun organismo a outro e aos compartimentos non bióticos nun ciclo continuo.<ref name="Prentice Hall Biology"/><ref name="Matter cycles at Lenntech"/>' Por exemplo, no ciclo do carbono este almacénase principalmente no CO<sub>2</sub> atmosférico, que os seres fotosintéticos toman e incorporan ás súas substancias orgánicas, e volve á atmosfera cando respiran, ou se descompoñen ao morreren, ou parte queda enterrado converténdose en combustibles fósiles, e pasa duns a outros na depredación. As combustións (incendios, uso de combustibles fósiles) e as emisións volcánicas e descomposición de rochas calcarias liberan CO<sub>2</sub>. Parte do CO<sub>2</sub> disólvese no mar ou precipita como rochas calcarias. Deste modo o C está circulando continuamente na Terra.