Venres Santo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Relato bíblico: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Sen resumo de edición
Liña 23:
A [[Igrexa Católica]] considera o Venres Santo un día de [[xaxún]] e abstinencia obrigatorio, agás causas de exclusión recoñecidas, na de [[Igrexa Católica latina|rito latino]] os crentes entre 18 e 59 anos han de gardalo reducindo a cantidade de comida habitual a un xantar e dúas comidas máis pequenas que xuntas non sobrepasen a comida principal en cantidade, estando prohibida a inxesta de carne aos crentes maiores de catorce anos. As [[igrexas católicas orientais|igrexas orientais]] seguen as leis particulares de cada rito pero en conxunto ao igual que as igrexas ortodoxas seguen un xaxún estrito o Venres Santo.
 
No rito latino non se celebra a [[misa]] entre a [[Eucaristía]] da tarde do [[Xoves Santo]] e a [[Vixilia Pascual]], agás raras excepcións autorizadas polo [[Santa Sé|Vaticano]] ou o bispo local. Non se poden celebrar [[Sacramento (relixión)|sacramentos]], agás o [[bautismo]] para os que estean en perigo de morte, a penitencia e a unción dos enfermos. A comuñón distribúese dentro do servizo da Paixón do Señor, aínda que se pode levar en calquera hora do día aos enfermos que non podanpoidan acudir ao servizo. O [[altar]] ha de estar por completo baldeiro e mais é costume librar as pías de [[auga bieita]].<ref>[http://www.catholicliturgy.com/index.cfm/FuseAction/LawText/Index/6/LawIndex/46 Removing Holy Water During Lent], 14 de marzo de 2003</ref>.
 
A celebración da Paixón do Señor celébrase despois do mediodía, idealmente contra ás tres da tarde, pero por razóns pastorais pode atrasarse. O sacerdote e diácono van revestidos de cor vermella, antes de 1970 ían de negro agás na parte da comuñón, cando vestían de violeta<ref>[http://www.musicasacra.com/pdf/missale62.pdf Misal romano de 1962].</ref>, e antes de 1955 usábase sempre o negro<ref name="sanctamissa.org">[http://www.sanctamissa.org/EN/resources/missale-romanum-pdf.html Misal romano de 1920]</ref>.
Liña 30:
 
*: A '''Liturxia da palabra''', o clero e o diácono entran en completo silencio, sen canto ningún, e fan unha [[prostración]] completa, ou de se xulgar mellor axeóllanse e oran en silencio durante un certo tempo, logo o sacerdote, e ministros, diríxese á sede e di unha oración, á que segue a lectura de Isaías 52:13–53:12, Hebreos 4:14–16 e 5:7–9 e a historia da [[Paixón de Cristo]] segundo o [[Evanxeo de San Xoán]]. Esta parte da liturxia conclúe coas ''orationes sollemnes'', unha serie de oracións pola igrexa, o papa, polos ministros e os fieis, polos catecúmenos, pola unidade dos cristiáns, polos xudeus, polos que non cren en Cristo, polos que non cren en Deus, polos gobernantes ou polos que se atopan en padecemento.
*: A '''Solemne Adoración da Santa Cruz'''. Hai dúas formas de adoración, na primeira o sacerdote leva unha cruz ao altar, cuberta por un pano e acompañado por dous ministros que levan candeas accesas; o sacerdote descubre un pouco a parte superior elevándoa, cantando a invitación: "Mirade a árbore da Cruz onde estivo cravada a salvación do mundo. Vinde adorala", os fieis axeóllanse e adórana en silencio, logo o sacerdote descobre o brazo dereito da cruz repetíndose de novo o proceder anterior. Na segunda forma o sacerdote ou outro ministro vai ata a porta da igrexa, onde está a cruz descuberta, lévaa logo acompañado dos outros ministros con candeas van en procesión pola igrexa ata o presbiterio, e no medio da igrexa antes de subir ao presbiterio elévaa e canta a invitación "Mirade a árbore" ao que todos responden "Vinde adorala" axeollándose e adorándoa en silencio despois de cada unha das respostas. Deseguidoo sacerdote acompañado por dous ministros con candeas, leva a cruz ao comezo do presbiterio ou outro lugar apto, deixándoa alí ou entrengándollaentregándolla os ministros para que a sosteñan, unha vez que deixaron as candeas nas dúas beira da cruz. O sacerdote, ministros e fieis achéganse en procesión e adoran a cruz mediante unha xenuflexión ou bicándoa.
*: A '''Santa Comuñón''' faise segundo o rito baséado na parte final da Misa, comezando polo [[Noso Pai]] pero omitindo a cerimonia da fracción do pan e o seu canto relacionado, o "[[Agnus Dei]]". A eucaristía é a consagrada na misa do Xoves Santo, e distribúes os fieis pero antes da reforma do papa Pío XII só o sacerdote recibía a comuñón<ref name="sanctamissa.org"/>.