Oroxenia alpina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Bioloxía e Xeoloxía}}
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
A oroxenia alpina foi causada polo choque dos continentes do sur como [[África]] e [[India]] e a pequena [[Cimeria (continente)|placa de Cimeria]] e outras pequenas placas e microplacas contra [[Eurasia]], que estaba máis ao norte. Os movementos [[bordo converxente|converxentes]] entre estas [[placa tectónica|placas]] empezaron xa a inicios do [[Cretáceo]], pero as fases maiores de formación de montañas empezaron do [[Paleoceno]] ao [[Eoceno]]. O proceso non rematou, xa que continúa aínda hoxe nalgunhas cordilleiras alpídicas.
 
A oroxenia alpina é considerada unha das tres maiores oroxenias en Europa, que definiron a xedoloxíaxeoloxía do continente, as outras dúas son a [[oroxenia caledoniana]], que formou o [[Continente do arenito vermello antigo]] cando os continentes de [[Báltica]] e [[Laurentia]] chocaron no [[Paleozoico]] temperán, e a [[oroxenia herciniana]], que deu orixe á [[Panxea]] cando [[Gondwana]] e o Continente do arenito vermello antigo chocaron no Paleozoico medio e tardío.
 
== Notas ==