Pilar Iglesias Osorio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Dodro (conversa | contribucións)
Liña 16:
 
== Traxectoria ==
Xa de nena trasladouse a vivir a [[Lugo]] coa súa tía Pura Osorio, que estaba casada co mestre, escritor e historiador [[Narciso Peinado]]. Na súa nenez viviu entre Baamonde, onde o seu tío exercía o maxisterio, e Lugo. Pilar foi preparada polo seu tío nos seus estudos. Máis adiante, vivindo xa en Lugo, contraxocontraeu nupcias con Manuel Reboredo, fillo do fundador da Librería Reboredo, en Lugo. Con grandes dotes para as relacións públicas, Pilar destacou sempre polo seu labor social, pois foi fundadora da Asociación Lucus de Amas de Casa, e presidenta de [[Unicef]] en [[Lugo]].
 
En [[1989]] preséntase aos [[Eleccións Xerais 1989 en España|comicios lexislativos]], na lista do [[Partido Popular de Galicia]]. Non sae elixida [[Congreso dos Deputados|deputada]] por [[provincia de Lugo|Lugo]], pero dous anos despois integrou a candidatura desa formación nas [[Eleccións Municipais 1991 en Galicia|locais de 1991]] e si saíu escolleita. Ademais, nese ano o Partido Popular conseguiu a vitoria na cidade de Lugo, e Iglesias pasou a ser concelleira de goberno baixo a alcaldía de [[Tomás Notario Vacas]].