Topoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Petillés (conversa | contribucións)
m elimino a Categoría:Matemáticas mediante HotCat
Jglamela (conversa | contribucións)
Homónimo
 
Liña 1:
{{Outros homónimos|Topoloxía (homónimos)}}
 
A '''topoloxía''' (do [[Lingua grega|grego]] τοπος (''topos'') = lugar, e λογος (''logos'') = ciencia) é unha das máis importantes ramas da [[matemática]] moderna. Nun principio, a topoloxía investiga cal é a natureza do espazo (conxunto de puntos a estudar, dispostos dun xeito determinado), tanto dende un punto de vista global coma localmente, nunha [[veciñanza (matemáticas)|veciñanza]] dun dos seus puntos.
 
A palabra topoloxía emprégase tanto para nomear á disciplina, como para referirse a calquera familia de conxuntos satisfacendo unhas determinadas propiedades e que son empregadas co fin de definir un [[espazo topolóxico]] concreto. Así pois, na topoloxía o espazo é formalizado a través da noción de espazo topolóxico. Esta estrutura matemática é a que permite falar de nocións espaciais relacionadas dalgún xeito coa proximidade de puntos, coma as de [[conexidade]], [[continuidade]], [[compacidade]] ou [[converxencia]].