Bautismo anticipado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Extracto de literatura semanario dosimétrico ilustrado Año I Número 5 - 1893 febrero 4.jpg|miniatura|Ilustracións de [[Benigno López Sanmartín|Benigno L. Sanmartín]] representando ''La suerte del pajarito'' e un bautismo anticipado na [[Ponte do Burgo]], publicadas en ''[[Extracto de Literatura]]'' o 4/2/[[1893]].<ref>[http://prensahistorica.mcu.es/es/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1061127&interno=S&presentacion=pagina&posicion=9&registrardownload=0 ''Extracto de Literatura'', 4/2/1893]</ref>]]
O '''bautismo anticipado''', tamén chamado '''bautismo prenatal''' ou '''bautismo no ventre da nai'''<ref>Taboada Chivite dá unha denominación máis técnica: ''bautismo intrauterino''".</ref> é un rito supersticioso que se practicaba en distintos lugares de [[Galicia]] e que consistía en bautiza-lo feto, aínda no ventre da [[nai]] xestante, sobre unha ponte con poderes máxicos e ás 12 da noite, co fin de asegura-lo [[embarazo]] nas mulleres que sufriran anteriormente algún [[aborto]]. Tamén se realizaba no norte de [[Portugal]].
 
[[Antonio Reigosa]] asegura que este costume estaba moi estendido por toda Galicia. E [[Eliseo Alonso]] escribía en [[1990]] que "''tal vez por esta creencia'' [a da súa completa eficacia] ''o vello rito higromántico aínda se mantén en vixencia''".
Liña 10:
 
Chegada a hora, convidaban ó primeiro home ou muller que se achegara a se-lo [[padriño]] ou [[madriña]] neste particular bautizo: "''¡Home / muller de boa ventura, bautízame esta criatura!''". [[Antón Fraguas Fraguas|Fraguas]] recolleu unha variante na que se lle pedía "''enxéndrame esta criatura''", entendendo aquí por ''enxendrar'' a rexeneración por medio da auga bautismal.
[[Ficheiro:Puente romanico.jpg|miniatura|250px|Ponte da Ramallosa, a presenza dunha imaxe relixiosa na ponte, neste caso [[Pedro González Telmo|San Telmo]], evidencia de ritos relixiosos ou máxicos, como o bautismo anticipado.]]
A invitación debía ser voluntaria, sen forzar nin obrigar a ninguén, pero se non aceptaba, non se lle permitía o paso. Cando un viandante aceptaba o encargo, o cal era o habitual por ser tido como unha obra de caridade, achegábase el só ata a muller, ó medio da ponte, e co caldeiro que esta lle entregaba, collía un pouco de auga do río. Logo verquía a auga sobre o ventre da muller, directamente ou, ás veces, cun hisopo feito dunha póla de [[oliveira]], á vez que recitaba as mesmas palabras que pronunciaría o [[sacerdote|crego]] nun bautizo normal: "''No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo''", pero coidando de non rematar, nin el nin ninguén, coa palabra "''Amén''" pois, se o fixera, o neno non nacería.