Hendrik Casimir: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engadiuse unha nota.
m Arranxos varios
Liña 1:
{{Científico|nome=Hendrik Casimir|imaxe=Hendrik Brugt Gerhard Casimir.jpg|ancho_imaxe=200px|texto_imaxe=|nacemento=[[15 de xullo]] de [[1909]]|lugar_nacemento=[[A Haia]]<br/>{{NED}}|morte=[[4 de maio]] de [[2000]] (90 anos)|lugar_morte=[[Heeze]]<br/>{{NED}}|residencia=Países Baixos|nacionalidade=Países Baixos|etnia=|cónxuxe=Josina Casimir-Jonker|relixión=|campo=[[Física]]|alma_máter=[[Universidade de Leiden]]|director_tese=[[Paul Ehrenfest]]|alumnos_tese=|coñecido=[[Efecto Casimir]]|influído=|influíu=[[Carolyne M. Van Vliet]]|premios=[[Medalla IRI]] ([[1976]])<br/>[[Medalla Wilhelm Exner]] ([[1982]])<br/>[[Medalla Matteucci]] ([[1985]])|sinatura=|notas=|<nowiki>Neerlandesa]]</nowiki>}}
 
'''Hendrik Brugt Gerhard Casimir''', nado o [[15 de xullo]] de [[1909]] na cidade [[Holanda Meridional|surholandesa]] da [[A Haia|Haia]] e finado o [[4 de maio]] de [[2000]] en [[Heeze]], [[Brabante do Norte]], foi un [[físico]] [[Países Baixos|neerlandés]] vinculado á [[Universidade de Leiden]] coñecido polas súas investigacións sobre o [[Supercondutividade|modelo de supercondutores]] de dous [[Fluído|fluídosfluído]]s, en [[1934]], e polo denominado [[Efecto Casimir]], en [[1946]].<ref>"[http://resources.huygens.knaw.nl/bwn1880-2000/lemmata/bwn6/kasimier Kasimier, Hendrik Brugt Gerhard (1909-2000)]". En ''Biografisch Woordenboek van Nederland.''</ref>
 
== Traxectoria ==
Casimir estudou [[física teórica]] na Universidade de Leiden, onde foi [[Alumnado|alumno]] de [[Paul Ehrenfest]].<ref>"[https://www.genealogy.math.ndsu.nodak.edu/id.php?id=51510 Hendrik Brugt Gerhard Casimir]". En ''Mathematics Genealogy Project''.</ref> Culminou os seus estudos en [[1931]], coa publicación da súa [[tese de doutoramento]] sobre a [[mecánica cuántica]] de corpos estáticos e sobre a [[Teoría de grupos|teoría grupal]] da rotación das [[Molécula|moléculasmolécula]]s.<ref>Casimir, H. B. G. ''[https://ilorentz.org/history/proefschriften/sources/Casimir_1931.pdf Rotation of a Rigid Body in Quantum Mechanics]''. A Haia. 1931</ref> Durante eses anos mantivo tamén contactos científicos en [[Copenhague]] con [[Niels Bohr]].<ref>Casimir, H. B. G. ''Het toeval van de werkelijkheid: Een halve eeuw natuurkunde''. Meulenhof. Amsterdam. 1983. Páxinas 34, 37, 74, 80, 152, 374.</ref>
 
Logo da súa graduación traballou como axudante de [[Wolfgang Pauli]] na universidade [[ETH Zürich|ETH]] de [[Zürich]] e, en [[1938]], chegou a ser [[Profesor titular de universidade|profesor]] da Universidade de Leiden, onde compaxinou a [[Ensino|docencia]] coas [[Investigación|investigaciónsinvestigación]]s sobre a [[condución de calor]] e sobre a de [[electricidade]], e contribuíu ao desenvolvemento das [[Temperatura|temperaturastemperatura]]s de [[Kelvin|millikelvin]].<ref>Lamoreaux, S. K. (2002)</ref>
 
En [[1942]], durante a [[segunda guerra mundial]], Casimir trasladouse aos [[Philips|laboratorios Philips]] en [[Eindhoven]], onde desenvolveu o seu labor científico e, en [[1945]], redactou o seu famoso estudo sobre o "principio de reversibilidade microscópica" de [[Lars Onsager]]. Chegou a ocupar o posto de director adxunto dos laboratorios de investigación de Philips en [[1946]] e un dos membros da dirección da compañía en [[1956]], da que se retirou en [[1972]].<ref>Casimir, H. B. G. (1986). Páxinas 238, 276, 279.</ref>
 
Aínda que durante a súa carreira profesional investiu moito tempo e dedicación no terreo [[Industria|industrialindustria]]l, Hendrik Casimir foi un dos grandes [[Física teórica|físicos teóricos]] dos Países Baixos. A Casimir débenselle numerosas achegas á ciencia como resultado das súas investigacións entre 1931 e [[1950]], fundamentalmente en relación coa [[matemática pura]], os [[Grupo de Lie|grupos de Lie]] (1931), as [[Estrutura hiperfina|estruturas hiperfinas]], os cálculos de momentos nucleares cuádruplos ([[1935]]), a física de temperaturas baixas, o magnetismo, a termodinámica dos supercondutores e a relaxación paramagnética (1935-[[1942]]), e as aplicacións da teoría dos fenómenos irreversibles de Onsager (1942-1950).<ref>Schuurmans, M. (2000)</ref>
 
En [[1946]] entrou a formar parte da Real Academia das Artes e as Ciencias dos Países Baixos.<ref>"[http://www.dwc.knaw.nl/biografie/pmknaw/?pagetype=authorDetail&aId=PE00004564 Hendrik Brugt Gerhard Casimir (1909 - 2000)]". ''KNAW Past Members''.</ref> Durante o seu período laboral en Philips, en [[1948]], en colaboración con [[Dirk Polder]], predixo a atracción da mecánica cuántica entre placas condutoras, que posteriormente paso a coñecerse como [[Efecto Casimir]], que tivo importantes consecuencias nos sistemas microelectromecánicos.<ref>"[https://www.britannica.com/science/Casimir-effect#ref1106687 Casimir effect]". En ''Encyclopaedia Britannica''.</ref>
 
Casimir colaborou na fundación da [[Sociedade Europea de Física]], da que foi presidente entre 1972 e [[1975]], e foi tamén membro da prestixiosa ''[[Royal Society|]]''Royal Society'']] de [[Londres]].<ref>Hargreaves, C. M. "[https://royalsocietypublishing.org/doi/abs/10.1098/rsbm.2004.0004 Hendrik Brugt Gerhard Casimir Knight of the Order of the Nederlandse Leeuw Commander in the Order of Orange Nassau. 15 July 1909 - 4 May 2000: Elected F.R.S. 1970]". En ''Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society''. 50: 39. 2004.</ref> En [[1979]] foi un dos relatores fundamentais na celebración do 25º aniversario da creación do [[Organización Europea para a Investigación Nuclear|CERN]].
 
Foi premiado con seis títulos de [[doutor honoris causa]] por outras tantas universidades do mundo e foi recoñecido con numerosos galardóns, entre eles a [[Medalla IRI]] ([[1976]]), do ''Industrial Research Institute'', de [[Condado de Arlington|Arlington]], nos [[Estados Unidos de América|EEUU]], a [[Medalla Matteucci]] ([[1985]]), da ''Accademia Nazionale delle Scienze'', de [[Italia]], e a [[medalla Wilhelm Exner]] ([[1982]]), da Asociación do Comercio de [[Austria]].<ref>"[http://www.iriweb.org/medal IRI Medal]". ''Industrial Research Institute''.</ref><ref>"[http://www.gewerbeverein.at/der-oegv/wilhelm-exner-medaille/ Die Wilhelm Exner Medaille]". Na web da Asociación do Comercio de Austria.</ref><ref>"[http://www.accademiaxl.it/medaglia-matteucci/ Medaglia Matteucci]". ''Accademia Nazionale delle Scienze''.</ref>
Liña 20:
== Publicacións ==
 
*[[1931]]: ''Rotation of a Rigid Body in Quantum Mechanics''. A Haia-Groningen. [[https://ilorentz.org/history/proefschriften/sources/Casimir_1931.pdf Acceso en liña]]
*[[1940]]: ''Magnetism and Very Low Temperatures''. [[Cambridge University Press]]. Cambridge.
*[[1948]]: "The Influence of Retardation on the London-van der Waals Forces". En ''Physical Review''. Vol. 73. Nº 4. Con Dirk Polder. [[https://journals.aps.org/pr/abstract/10.1103/PhysRev.73.360 Acceso en liña]]
* 1948: "On the attraction between two perfectly conducting plates". En ''Proceedings of the Royal Netherlands Academy of Arts and Sciences''. Vol. 51. [[http://www.dwc.knaw.nl/DL/publications/PU00018547.pdf Acceso en liña]]
*[[1967]]: "The Skin Effect". En ''Philips Technical Review.'' Vol. 28. [[http://www.extra.research.philips.com/hera/people/aarts/_Philips%20Bound%20Archive/PTechReview/PTechReview-28-1967-300.pdf Acceso en liña]]
*[[1983]]: ''Haphazard Reality: half a century of science''. Harper & Row. Nova York. 1983. ISBN 0-06-015028-9
* 1983: ''Het toeval van de werkelijkheid: Een halve eeuw natuurkunde''. Meulenhof. Ámsterdam. ISBN 90-290-9709-4
Liña 33:
Na honra deste eminente físico neerlandés, en [[2004]] estableceuse en [[Leiden]] a ''Casimir Research School'' ("Escola de Investigación Casimir''"''), unha institución académica conxunta entre a Universidade de Leiden e a [[Universidade de Tecnoloxía de Delft]], centrada na física interdisciplinaria, cun programa de investigación desenvolvido polo ''[[Instituto Kavli de Nanociencia de Delft|Kavli Institute of Nanoscience]]'' ("Instituto Kavli de Nanociencia"), en [[Delft]], e o Instituto Leiden de Física''. ''
 
A institución agrupa case medio milleiro de investigadores, tanto posgraduados, algúns deles en [[Doutoramento|programas de doutoramento]], como no seu período de formación universitaria en ambas as universidades.<ref>[https://casimir.researchschool.nl/home-1.html ''Casimir Research School'']. </ref>
 
== Premio Hendrik Casimir ==
Liña 65:
=== Bibliografía ===
 
* Lamoreaux, S. K. "Hendrik Burgt Gerhard Casimir". ''Proceedings of the American Philosophical Society.'' Vol. 146. Nº 3. Setembro de 2002. [[https://web.archive.org/web/20060318025441/http://www.aps-pub.com/proceedings/1463/304.pdf Acceso en liña]]
* Polder, D. "Hendrik Burgt Gerhard Casimir, 15 juli 1909 - 4 mei 2000". En ''Levensberichten en herdenkingen'' 2001. Koninklijke Nederlandse Akademie van Wetenschappen. 2001. Páxinas 13-21. [[http://www.dwc.knaw.nl/DL/levensberichten/PE00004564.pdf Acceso en liña]]
* Rechenberg, Helmut. "Hendrik Brugt Gerhard Casimir (1909-2000). The Physicist in Research, Industry and Society". En ''European Journal of Physics''. 22 (4): 441-446. Xullo de 2001.
* Schuurmans, M. "Hendrik Brugt Gerhard Casimir". En ''Physics Today'' '''53''', 80. 2000. [[https://physicstoday.scitation.org/doi/abs/10.1063/1.1325245 Acceso en liña]]
 
=== Ligazóns externas ===
Liña 77:
 
{{ORDENAR:Casimir, Hendrik}}
 
[[Categoría:Nados en 1909]]
[[Categoría:Finados en 2000]]