Diferenzas entre revisións de «Godofredo de Villehardouin»

m
Arranxos varios
m (engado a Categoría:Finados en 1213 mediante HotCat)
m (Arranxos varios)
'''Godofredo''' ou '''Geoffroy de Villehardouin''', nado no [[Castelo de Villehardouin]], [[Aube]], en [[1164]] e finado en Mesinópole, [[Tracia]], en [[1213]], foi un nobre e cronista francés.
== Traxectoria ==
Naceu no Castelo de Villehardouin, situado a uns trinta quilómetros ao leste de [[Troyes|Troyes.]]. Foi Mariscal de Champaña en 1191 e administrou o condado en nome do seu señor, o conde Teobaldo III (Thibaut III). Cando este partiu á Cuarta Cruzada en 1199, seguiuno e vendeu os seus bens ás abadías para proporcionarse recursos. Presidiu a comisión enviada a [[Venecia]] polos xefes da Cruzada para negociar o transporte do exército cruzado a Oriente co dux Enrico Dandolo, cego, case centenario e insidioso.
 
Ao seu regreso, falecendo o conde Teobaldo, foi el quen acalmou as dificultades xurdidas na loita polo poder, apoiando a candidatura do marqués de Monferrato. Tamén actuou correctamente en [[Constantinopla]], cando os cruzados decidiron desistir do seu empeño e fundar alí un imperio gobernado por [[Balduíno I de Constantinopla|Balduno I]] de Flandres. A habilidade de Geoffroy proporcionoulle entón o título de mariscal de Romania, isto é, de Grecia. Despois da derrota da batalla de Adrianópole en 1205, mostrou o seu talento de estratego salvando o exército cruzado. En 1207, [[Bonifacio de Montferrato]], rei de [[Tesalónica]], deu o feudo de Messinópolis a Geofroy de Villehardouin e este aproveitou para se retirar dos asuntos públicos a este lugar, onde se dedicou a escribir a súa ''Crónica'', destinada aos seus parentes e amigos de Champaña. O seu fillo Guillaume de Villeharoduin naceu en 1212, no castelo de Calamata, e reuniu unha biblioteca da que se conserva o inventario.
 
Redactou a súa Crónica entre 1205 e 1213, manexando documentación de arquivo e o testemuño persoal do que vira cos seus propios ollos. Como non era letrado, non escribiu en latín, como fixeron durante longo tempo os historiadores oficiais, senón en francés. Móstrase fiel á verdade, pero só no que conta, porque omite moito e moi importante, sobre todo o motivo polo cal a IV Cruzada non chegou a [[Palestina (rexión)|Palestina.]] Ás veces lembra o ton oral dos cantares de xesta ao usar as súas típicas interpelacións: "Ouvide, belos señores!" As súas descricións son moi minuciosas e seleccionan sempre os detalles máis pintorescos. Deulle por título ''Histoire de la conquête de Constantinople ou Chronique des empereurs Baudouin et Henri de Constantinople'' ("Historia da conquista de Constantinopla ou Crónica dos emperadores Balduio e Henrique de Constantinopla"). Describe os acontecementos sobrevindos entre 1198 e 1207.
** [http://remacle.org/bloodwolf/francais/villehardouin/table.htm Texto] [[Francés antiguo|francés antigo]] - [[Idioma francés|francés moderno]], con introdución e anotacións neste último, no [http://remacle.org/ sitio] de Philippe Remacle (1944 - 2011).
{{control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua francesa]]
[[Categoría:Nados en 1164]]
393.002

edicións