Aleksandr Solzhenitsyn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m AMPERIO moveu a páxina "Alexander Solzhenitsin" a "Aleksandr Solzhenitsyn": segundo WP:TRL
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Biografía
|nome = AlexanderAleksandr SolzhenitsinSolzhenitsyn {{Icona nobel literatura}}
|lingua da escrita = [[Lingua rusa|Rusa]]
|xéneros = [[Narrativa]]
Liña 13:
Fillo dun terratenente [[cosaco]] morto pouco antes de que nacese e unha mestra, pasou a súa infancia en [[Rostov do Don]] e estudou na Universidade desta cidade matemáticas e física; xa entón intentou publicar algúns traballos. Graduouse en [[1941]] e empezou a servir ese mesmo ano no exército [[Unión Soviética|soviético]] ata [[1945]] no corpo de transportes primeiro e máis tarde de oficial artilleiro. Participou na maior batalla de tanques da historia ([[Batalla de Kursk]]) e foi detido en febreiro de 1945 na fronte de [[Prusia]] Oriental, preto de [[Königsberg]] (hoxe [[Kaliningrado]]) pouco antes de que empezase a ofensiva final do Exército soviético que acabaría en [[Berlín]]. Foi condenado a oito anos de traballos forzados e a desterro perpetuo por opinións antiestalinistas que escribira a un amigo. Encerrárono na [[Lubianka]] e os primeiros anos do seu cativerio pasounos en varios campos, ata que grazas aos seus coñecementos matemáticos foi a parar a un centro de investigación científica para presos políticos vixiado pola Seguridade do Estado; iso inspirou a súa novela ''[[O primeiro círculo]]''.
 
En [[1950]] foi trasladado a un campo especial na cidade de [[Ekibastuz]], en [[Casaquistán]], onde se xestou ''Un día na vida de Iván DenísovichDenisovich''. Tamén traballou de presidiario mineiro, albanel e forxador, e contraeu un tumor do que foi operado; o cancro reproducíuselle e esa experiencia serviu de material para a súa novela ''[[Pavillón do cancro]]'', que terminou en [[1967]]. Un mes logo de cumprir os oito anos de condena, [[Stalin]] morrera, aínda que as penas de Solzhenitsyn non acabaran. Aínda tiña que cumprir o desterro «a perpetuidade», polo que foi enviado a [[Kok Teren]] desde marzo de [[1953]] a [[1956]], o que aproveitou para escribir en segredo mentres daba clases na escola primaria. Liberado e rehabilitado en 1956, a Solzhenitsyn permitíuselle vivir en [[VladímirVladimir]] e [[Riazán]], no centro de Rusia, onde puido levar unha vida normal, dando clases de matemáticas e escribindo sobre as súas experiencias no cárcere. Ese foi o material da súa primeira novela, ''Un día na vida de Iván DenísovichDenisovich'' (novembro de [[1962]]), que foi publicada grazas ao ''desxeo'' provocado pola denuncia do [[Estalinismo]] realizada no [[XX Congreso do PCUS|XX congreso]] do [[PCUS]] por [[Nikita Khrushchev]]. Fíxoo o poeta [[AleksándrAleksandr Tvardovski]] na revista literaria que dirixía, a máis importante do seu país, ''Novy Mir'' (''Novo Mundo'') e procuroulle unha gran popularidade na [[URSS]] e fóra dela. Pero a apertura durou pouco e o autor pasou os últimos anos sesenta nun forcexeoforcexo constante para pór a salvo do [[KGB]] os seus arquivos e manuscritos, moitos deles difundidos por toda Rusia en ''[[samizdat]]'', copias rudimentarias clandestinas. ''Un día na vida de Iván DenísovichDenisovich'' foi prohibida, e o orixinal de ''O primeiro círculo'', do que o autor fixera varias versións, foi confiscado, así como todos os seus papeis.
 
Antes publicara a duras penas ''Nunca cometemos erros'' ([[1963]]) e ''Polo ben da causa'' ([[1964]]). En [[1969]] foi expulsado da [[Unión de Escritores Soviéticos]] por denunciar que a censura oficial lle prohibira varios traballos, podendo apenas publicar as novelas ''O primeiro círculo'' ([[1968]]), ''O pavillón do cancro'' (1968-[[1969]]) e ''Agosto 1914'' ([[1971]]). O galardón do [[Premio Nobel]] de Literatura de [[1970]] acudiu na súa axuda; declinou, con todo, ir a [[Estocolmo]] por temor a que as autoridades soviéticas non lle permitisen regresar e, tamén, para ultimar a súa obra máis coñecida, o monumental ''[[Архипелаг ГУЛАГ]]''. A primeira parte foi publicada en decembro de [[1973]] en [[París]], despois de que unha copia do manuscrito se perdese ao caer en mans do KGB na URSS e a súa portadora, secretaria do autor, se suicidase tras ser torturada. «Co corazón oprimido -explicou na primeira páxina-, durante anos abstívenme de publicar este libro, xa rematado. O deber para os que aínda vivían podía máis que o deber para cos mortos. Pero agora, cando a pesar de todo, caeu en mans da Seguridade do Estado, non me queda máis remedio que publicalo inmediatamente».
 
Para escribir esta obra SolzhenítsynSolzhenitsyn entrevistara a 227 sobreviventes dos campos de traballo soviéticos ou [[gulag]]s, cuxas identidades protexeu con celo. Mestura feitos históricos e autobiográficos con testemuños persoais alleos e a obra desencadeou un vendaval de ataques ao autor na prensa e os medios soviéticos. Foi detido e acusado de traizón o [[12 de febreiro]] de [[1974]] e ao día seguinte foi expulsado da URSS e marchou ao exilio. Foi deportado a [[Alemaña Oriental]] (agora parte da República Federal de Alemaña) e privado da cidadanía soviética.
 
''Архипелаг ГУЛАГ'' é unha análise extremadamente documentada do sistema de prisións soviético, do terrorismo e da policía secreta. Cun estilo solto, afastado de solemnidades melodramáticas e un leve toque irónico que aliviaba a tensión lectora nun labirinto de continuas traxedias, enumerábanse as atrocidades dun Estado enfrontado demencialmente ao seu propio pobo case desde os seus inicios. Nun dos momentos de maior esplendor do gulag, cara a [[1936]], había uns cinco millóns de prisioneiros que compuñan o que [[Franz Kafka]] chamara "a colonia penal". Un número que aumentou ano tras ano ata a morte de [[Stalin]], en 1953. En total, entre [[1928]] e o falecemento do "Pai dos pobos", entre 40 e 50 millóns de persoas foron enviadas a cumprir condenas no que metaforicamente denominou Solzhenitsyn ''arquipélago'' de campos de traballo repartidos por toda a URSS. Aproximadamente a metade delas nunca regresaron.
[[Ficheiro:Nobel prize medal.svg|dereita|50px]]
''Архипелаг ГУЛАГ'' publicouse primeiro en [[Francia]] (1973) e apareceu pouco despois noutros idiomas. ''Архипелаг ГУЛАГ 2'' e ''Архипелаг ГУЛАГ 3'' foron publicados en [[1975]] e [[1978]] respectivamente. Viaxou aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] en 1975 para establecerse alí tras publicar a novela-documento ''Lenin en Zúric: capítulos'', nunha casa preto de Cavendish (Vermont), coa súa esposa Natasha e os seus tres fillos. Aí dedicouse a escribir dous ensaios: ''O carbalo e o tenreiro'', fundamental para entender o mecanismo interno da vida literaria soviética, e ''O perigo mortal'', no que analiza os erros da visión estadounidense sobre Rusia, onde volveu á caída do bloque soviético, ao recuperar oficialmente a cidadanía soviética, co que, ao fin, puido regresar ao seu país en [[1994]], onde tivo un recibimento digno dun heroe, a pesar do cal non deixou de exercer o pensamento crítico sobre Rusia. Os seus últimos traballos son ''Como reorganizar Rusia'' ([[1990]]) e ''O problema ruso: ao final do século XX'' ([[1992]]). En [[1967]] escribiu: «Non teño ningunha esperanza en [[Occidente]], e ningún ruso debería tela. A excesiva comodidade e prosperidade debilitaron a súa vontade e a súa razón». Proclamaba que Occidente carecía de recursos morais e espirituais para resistirse á súa propia decadencia. Na actualidade, dedica a maior parte do seu tempo ao que considera a culminación da súa traxectoria, unha [[novela histórica]] de fondo [[Lev Tolstoi|tolstoiano]], ''A roda vermella'', que abarca desde a caída do réxime zaristatsarista ao ascenso ao poder dos [[bolxevique]]s. É unha tetraloxía composta por ''Agosto 1914'', ''Outubro 1916'', ''Marzo 1917'' e ''Abril 1917''.
 
En 1983 recibiu o [[Premio Templeton]].