Río Congo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 43:
[[Ficheiro:Routes of European explorers in Africa, to 1853.jpg|miniatura|Neste mapa de África de 1853, a rexión inexplorada (''Unexplored Region'') restante corresponde esencialmente á conca do Congo]]
 
Toda a [[conca do Congo]] está poboada por [[pobos bantús]], divididos en varios centos de grupos étnicos ou tribais (ver [[:en:ethnic groups of the Democratic Republic of the Congo|grupos étnicos da República Democrática do Congo (en inglés)]]). A [[expansión bantú]] estímase que chegaría ata o Congo Medio ao redor do 500 a. C., e ao Congo Alto ao comezo da era común. Restos da poboación aborixe desprazada pola migración bantú, [[pigmeo]]s/''[[abatwa]]'' do phylum [[Linguas ubangui|ubangiano]], permanecen nas zonas forestais remotas da conca do Congo.
 
O [[reino do Congo]] formouse ao redor dedo 1400 na beira esquerda do río Congo Baixo. O seu control territorial ao longo do río mantívose limitado ao que hoxe corresponde coa provincia [[Congo Baixo]]. A exploración europea do Congo comezou en 1482, cando o explorador portugués [[Diogo Cão]] descubriu o estuario do río (probablemente en agosto), que sinalou cun [[padrão]] ou alicerce de pedra (que aínda existe, pero só en fragmentos) erixido na punta Shark. Cão tamén navegou río arriba establecendo contacto co reino de Congo e chegando ás [[cataratas de Yellala]], o límite navegable, onde erixiu outro padrão. Cão morreu no río perseguindo a un [[crocodilo]]. O curso do río permaneceu descoñecido durante todo o período moderno temperán.<ref>The [[Dieppe maps]] of the mid 16th century show the Congo only as a minor river, while having the [[Río Nilo|Nile]] run throughout the continent, rising in Southern Africa. The same interpretation is in essence still found in Jan Blaeu's ''[[:Ficheiro:Congo map 1690.jpg|Atlas Maior]]'' of 1660. Jacques Bellin's [[:File:Congo map 1754.jpg|map of the Congo]] in ''Histoire Generale Des Voyages'' by [[Antoine François Prévost]] (1754) shows awareness of the river reaching further inland, to the inclusion of the provinces of ''Sundi'' and ''Pango'', but has no detailed knowledge of its course.</ref>
 
[[Ficheiro:Advance Column of the Emin Pasha Relief Expedition 1890.jpg|miniatura|Henry M Stanley cos oficiais da Columna Advance, no Cairo, 1890. De esquerda a dereita: Dr. [[Thomas Heazle Parke]], [[Robert H. Nelson]], [[Henry M. Stanley]], [[William G. Stairs]] e [[Arthur J. M. Jephson]].]]
A conca alta do Congo corre ao oeste desde o [[ Rift Albertino]] aínda que a súa conexión co Congo permaneceu descoñecida ata 1877. O extremo nordés da conca do Congo alcanzouse pola [[Nilótico|expansión nilótica]] nalgún momento entre os séculos {{Versaleta|xv}} e {{Versaleta|xviii}}, polos antepasados dos falantes de [[Luo meridional]] do [[pobo Alur]]. [[Francisco José de Lacerda e Almeida|Francisco de Lacerda]] seguindo o [[río Zambeze]] logrou chegar en 1796 á parte máis alta da conca do Congo (ao [[reino de Cazembe]] na parte superior da conca do [[río Luapula]]).
 
A exploración europea continuou co intento británico de [[James Hingston Tuckey|James Kingston Tuckey]] que en 1816, tratou de remontar o río Congo desde a súa desembocadura, logrando avanzar 480 km río dentro pero non chegou a superar as cataratas Livingstone que frearon o seu avance.
 
O río Congo superior, coñecido como río Lualaba, alcanzarono por primeira vez os [[comercio de escravos árabes|esclavistas árabes]] no século {{Versaleta|xix}}. A localidade de [[Nyangwe]] foi fundada como posto de avanzada dos traficantes de escravos cara a 1860.
 
No [[século XIX|século {{Versaleta|xix}}]] ninguén podía imaxinar que o Lualaba, que avanza implacablemente en dirección norte e o Congo que corría cara á parte suroccidental ata desembocar no Atlántico, despois de atravesar a metade do continente, fosen o mesmo río. Pensábase que o primeiro podía formar parte da corrente principal do Nilo, esta tese era defendida entre outros polo explorador [[David Livingstone]], que percorreu o Lualaba na súa expedición de 1866, mentres que o segundo foi confundido coa desembocadura do [[río Níxer]] polo explorador e naturalista [[Mungo Park]] que entre finais do século {{Versaleta|xviii}} e principios do {{Versaleta|xix}}, percorreu o río Níxer.
 
Livingstone foi o primeiro europeo en chegar a Nyangwe en 1871. Livingstone propuxo demostrar que o Lualaba conectaba co Nilo, pero o 15 de xullo, foi testemuña da masacre duns 400 africanos por escravistas árabes en Nyangwe, unha experiencia que o deixou demasiado arrepiado e disuadiuno de continuar a súa misión de atopar as fontes do Nilo, polo que volveu de novo ao [[lago Tanganica]].<ref name="Livingstone 1871">Livingstone, David (2012). ''Livingstone's 1871 Field Diary. A Multispectral Critical Edition.'' UCLA Digital Library: Los Angeles, CA. Disponible en: <http://livingstone.library.ucla.edu/1871diary/></ref><ref name="Jeal 1973">Véxase tamén Jeal, Tim (1973). ''Livingstone.'' New Haven, CT: [[Yale University Press]]. Pag. 331-335.</ref>
 
== Afluentes ==