Dólar internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engádese véxase tamén e categorías.
Liña 1:
{{Outros homónimos|Dólar}}
O '''dólar internacional''' é unha [[Divisa|unidade monetaria]] hipotética que ten o mesmo poder adquisitivo que o [[dólar estadounidense]] ten nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] nun momento dado no tempo. Esta unidade mostra canto vale unha unidade dunha moeda local dentro das fronteiras do país. As conversións a dólares internacionais son calculadascalcúlanse utilizando a "[[paridade de poder adquisitivo]]" (PPA). A PPA é a cantidade de unidades monetarias locais que se necesitan para adquirir, dentro do país en cuestión, a mesma cantidade de bens que ennos [[Estados Unidos de América|EEUU]] comprarían cun dólar estadounidense. Os bens deben ser iguais ou polo menos comparables.
 
O dólar internacional úsase principalmente para realizar comparacións tanto entre diferentes países como ao longo do tempo. Por exemplo, a comparación do [[Produto Interior Bruto]] ''per capita'' de varios países feita en dólares internacionais, no canto de baseándose simplemente nos tipos de cambio, prové dunha medida con máis validez para comparar estándares de vida.
 
O dólar internacional é calculado polo [[Banco Mundial]]. Naceu nos [[Década de 1960|anos 1960]] na [[Universidade de Pensilvania]] como parte do "Programa Internacional de Comparación" (''International Comparison Program''), encargado polo antedito Banco Mundial. O obxectivo era estimar un ingreso [[per cápita]] que fose comparable internacionalmente. Debido a [[tipo de cambio|tipos de cambio]] fixos ou só parcialmente flexibles, ademais dos movementos internacionais de capital, non é posible utilizar os tipos de cambio que resultan do mercado de divisas para estes fins comparativos.
 
O cálculo do dólar internacional é complicado e o resultado só pode interpretarse como unha aproximación do valor verdadeiro. As cifras expresadas en dólares internacionais non poden ser convertidas á moeda doutro país utilizando tipos de cambio de mercado; no canto disto as cifras deben ser convertidas utilizando os tipos de cambio de acordo ácoa '''PPA''' usados no estudo.
 
== LiteraturaVéxase tamén ==
 
=== Outros artigos ===
* [[Dólar estadounidense]]
* [[Moeda global]]
 
=== Bibliografía ===
* Nuxoll: ''Differences in relative prices and international differences in growth rates'' en: American Economic Review, 1994
* Summers, R. u. Heston, A.: ''The Penn World Table'' (Mark 5): An expanded set of international comparisons 1950 - 1988“, en: Quarterly Journa of Economics, 1991
 
[[Categoría:Economía]]
[[Categoría:Moedas alternativas]]
[[Categoría:Política económica]]
[[Categoría:Xeopolítica]]