Alberto Camino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:ALBUMÁlbum DEde LAla CARIDAD. JUEGOS FLORALES DE LA CORUÑA. 1862Caridad.jpgpdf|miniatura|''Album[[Álbum de la Caridad]]. [[Juegos Florales de La Coruña en 1861]]''.<ref>[http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/es/consulta/registro.cmd?id=5195 ''Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contempornáneos''] [[Biblioteca de Galicia|Galiciana. Biblioteca de Galicia]].</ref>]]
Cursou estudos de dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Vinculado ás actividades da [[Academia Literaria de Santiago]], colaborou con artigos e poemas en ''[[El Iris de Galicia (1857)|El Iris de Galicia]]'', ''[[El Miño (Vigo)|El Miño]]'', ''[[El Porvenir (1875)|El Porvenir]]'' e ''[[La Aurora de Galicia (1845)|La Aurora de Galicia]]'' e tamén en medios non galegas (''La Antorcha'' e ''La Esperanza''). Non deixou publicado ningún libro en galego, e pénsase que a súa obra inédita (ou parte dela) foi mandada queimar polo propio Camino nun acto de tolemia poucos días da súa morte{{Cómpre referencia}}. Este escritor destacou como compositor de panxoliñas de Nadal e Reis, mais tamén como poeta elexíaco. De feito, dúas das súas máis coñecidas e composicións son elexías, os poemas ''Nai chorosa'' e ''O desconsolo''. Escribiu tamén os vilancetes, incluídos no volume ''Canciones al nacimiento de Nuestro Señor Jesucristo y degollación de los Inocentes en el Hospicio de Santiago'' (1849), titulados “Falade ben baixo” e “Alegría, festa e rúa”, datados entre 1848 e 1849. En castelán escribiu o poema “La conquista de México”, a comedia en verso ''A la vejez aladares de pez e o drama Lisardo el estudiante''. No ''[[Álbum de la Caridad]]'' recóllense poemas seus como os titulados “Repique” ou “Blas, baila a muiñeira”. En [[1896]], [[Andrés Martínez Salazar]] recolleu as súas composicións poéticas co título ''[[Poesías gallegas]]''.