Romaría das Cruces: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
coordenadas
Agremon (conversa | contribucións)
foto e ligazóns
Liña 1:
{{Coordenadas|43|29|48|N|7|8|36|W|display=title}}
 
[[Ficheiro:AsCruces050516 6.JPG|miniatura|dereita|RomeríaRomaría das Cruces. Acto principal co saúdo dos [[pendón]]s.|alt=]]
 
A '''romaría das Cruces''' é unha cerimonia relixiosa que se celebra na [[A Ponte, Arante, Ribadeo|Ponte]] ([[Arante, Ribadeo|Arante]], [[Ribadeo]]) cada ano o luns de [[pentecoste]] (luns da semana anterior a [[Corpus Christi]], sete semanas despois de [[Semana Santa]]).<ref name=":0">{{Cita novas|autor=Concello de Ribadeo|data=30 de maio de 2017|título=Romaxe das Cruces|url=|data-acceso=1/06/2017}}</ref>.
==Historia e características==
[[Ficheiro:Romaría das cruces.jpg|alt=Momento da Romaría das Cruces en 2008|miniatura|Momento da Romaría das Cruces en 2008]]
Conmemora unha escaramuza contra os franceses en tempos da [[Guerra da Independencia española|invasión napoleónica]]. O [[29 de xaneiro]] de [[1809]] os veciños das parroquias da zona loitaron contra os franceses baixo a protección de Nosa Señora das Virtudes. Nun primeiro momento a batalla librábana os veciños de [[Covelas, Ribadeo|Covelas]], [[Cedofeita, Ribadeo|Cedofeita]], [[Arante]], [[Sante, Trabada|Sante]], [[Vidal]] e [[A Valboa, Trabada|A Valboa]], pero ante a proximidade da derrota un emisario buscou axuda entre os veciños de [[Ove]]. A súa chegada foi providencial e os veciños derrotaron os invasores. Dende ese momento o luns de Pentecoste celebrase a romaría neste pequeno pobo. Nela dánse cita sete pendóns doutros tantos lugares da zona (parroquias de Ribadeo -[[Covelas, Ribadeo|Covelas]], [[Cedofeita, Ribadeo|Cedofeita]], [[Arante, Ribadeo|Arante]] e [[Ove, Ribadeo|Ove]]- e [[Trabada]] -[[Sante, Trabada|Sante]], [[Vidal, Trabada|Vidal]] e [[A Valboa, Trabada|A Valboa]]-), que renden obediencia ante o pendón principal, o mesmo que as cruces que os acompañan. O acto principal vese completado co bandeo do pendón da Ponte, seguido duna procesión arredor da [[Nosa Señora das Virtudes da Ponte|igrexa da Virxe das Virtudes]].
 
En decembro de 2018 a romaría foi declarada [[Festas de interese turístico de Galicia|festa de interese turístico de Galicia]] polo [[Consello de Turismo de Galicia]].<ref>{{Cita web|url=http://ribadeo.gal/actualidade/nova.php?id=2948&lg=gal|páxina-web=ribadeo.gal|título=Romaría das Cruces - Novas. Concello de Ribadeo|data-acceso=2018-12-20}}</ref>