Ella Fitzgerald: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 30:
Comezou a súa carreira en solitario en [[1941]], cantou con [[the Ink Spots]], [[Louis Jordan]] e [[The Delta Rhythm]], e en 1946 empezou a cantar con regularidade nos concertos de [[Norman Granz]] ''Jazz at the Philharmonic'' (JAP), converténdose Granz no seu manager. Produciuse un gran cambio no estilo de Ella durante este período. Estivo de xira coa banda de [[Dizzy Gillespie]] e adoptou o [[bebop]] como parte do seu estilo, e empezou a incluír fragmentos de [[scat]] nas súas interpretacións. As súas gravacións de "Lady Be Good", "How High the Moon" e "Flying Home" durante [[1945]]-[[1947]] fixéronse moi populares e a súa estatura como unha das primeiras voces do [[jazz]] asentouse. Durante un tempo (10 de decembro de 1947 - 28 de agosto de [[1953]]), estivo casada co baixista [[Ray Brown]], con quen adoptou un neno, e usaba o seu trío como acompañante. As series de duetos co pianista [[Ellis Larkins]] en [[1950]] e [[1954]] levárona a interpretar composicións de [[George Gershwin]], como faría nun dos seus ''songbooks''.
 
Tras aparecer no filme de 1955 ''[[Canción triste de Pete Kelly's Blues]]'', Ella asinou co selo [[Verve]] de [[Norman Granz]] e durante varios anos gravaría os famosos ''Song Books'' dos grandes compositores estadounidenses de música popular: [[Cole Porter]], os [[Gershwins]], [[Rodgers & Hart]], [[Duke Ellington]], [[Harold Arlen]], [[Jerome Kern]] e [[Johnny Mercer]]. Estes, coa excepción dos discos sobre Ellington, non foron as súas interpretacións máis jazzísticas, pois Ella apegábase á melodía e ía acompañada dunha grande orquestra de corda. En [[1960]] grava o seu concerto en [[Berlín]], que se converte nun dos discos máis importante de [[Verve]].
 
Fitzgerald gravou para [[Capitol]] e [[Reprise]] entre 1967 e 1970. Nos seus últimos anos, Fitzgerald volveu con Granz para formar parte da súa nova compañía, [[Pablo]]. A súa colaboración comezou cun gran concerto en 1972, o ''Santa Monica Civic concert'', e seguiu toda a década con discos orientados plenamente ao jazz, cantando con [[Count Basie]], [[Federico Parra]], [[Oscar Peterson]] e [[Joe Pass]], entre outros.