Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
A mediados dos 50, Audrey non só era unha das maiores estrelas de Hollywood, senón un icona da moda. O seu estilo, tan persoal e elegante, era admirado e imitado. Ademais, era moi admirada polo público, como o demostra o seu [[Premios Globo de Ouro|Globo de Ouro]] á actriz máis querida en todo o mundo en [[1955]].
 
Sendo xa unha das actrices máiscon taquilleirasmaior recadación de Hollywood, Audrey contaba con compañeiros de repartición do talle de Humphrey Bogart (''Sabrina''), [[Fred Astaire]] (''[[Funny Face]]''), [[Maurice Chevalier]] e [[Gary Cooper]] (''[[Love in the afternoon]]''), [[William Holden]] (''[[Paris - When it sizzles]]''), [[George Peppard]] (''[[Breakfast at Tiffany's]]''), [[Cary Grant]] (''Charade''), [[Rex Harrison]] (''[[My Fair Lady (filme)|My Fair Lady]]''), [[Peter O'Toole]] (''[[How to Steal a Million]]'') e [[Sean Connery]] (''[[Robin and Marian]]''). Moitos destes actores convertéronse en persoas moi próximas á actriz. Rex Harrison chamouna a súa «principal dama» -Audrey fíxose moi amiga da bailarina británica [[Kay Kendall]], que era a muller de Rex-; Cary Grant amaba o sentido do humor de Audrey. «Todo o que pido por Nadal é outra película xunto a Audrey Hepburn» dixo unha vez; e Gregory Peck converteuse nun dos seus amigos máis íntimos. Logo da morte da actriz, Peck foi á cámara e recitou o seu poema favorito, ''Unending Love'' de [[Rabindranath Tagore]]. Algúns creen que Audrey e Humphrey non mantiveron a súa amizade, pero iso é falso. Bogart fíxoo mellor con Audrey do que o faría calquera. Como ela despois diría: «Ás veces os tipos máis duros resultan ser os máis sensibles, como Bogey o é comigo».
 
En 1957 actuou en ''Funny Face'', unha das súas películas favoritas debido a que conseguía bailar con Fred Astaire. A esta seguiuna ''[[Historia dunha monxa]]'', un dos seus papeis máis dramáticos e atrevidos. Sobre este papel ''Films in Review'' dixo: «O seu papel calará a todos os que dixeron que é só un símbolo de muller sofisticada. A súa interpretación da irmá Luke é unha das mellores actuacións do cine». Audrey recibiu un nomeamento aos Óscar por este papel. [[Simone Signoret]] foi a agraciada co galardón neste ocasión.
196.557

edicións