Diferenzas entre revisións de «Richard Dreyfuss»

sen resumo de edición
O seu primeiro papel protagonista tívoo Dreyfuss nun filme canadense, e despois xa foi contratado por [[Steven Spielberg]] para ''[[Tiburón (filme)|Tiburón]]'', película coa que Dreyfuss deuse a coñecer ás grandes audiencias. Dous anos despois Spielberg contou con el de novo para ''[[Close Encounters of the Third Kind]]'', que tivo un éxito comparable á anterior. A partir de entón a carreira de Dreyfuss seguiu unha traxectoria ascendente. En [[1977]] interpretou ''The Goodbye Girl'', película pola que gañou un [[Oscar ó mellor actor]]. Foi o actor máis novo en recibir este galardón na historia dos Oscar.
 
Durante os seguintes anos, Dreyfuss interveu en varias películas, pero ningunha delas tivo un éxito significativo de taquilla[[portelo]]. Isto contribuíu posiblemente a que tomase drogas en doses crecentes, ata que sufriu un accidente de coche. A raíz diso ingresou nun centro de desintoxicación e conseguiu librarse das drogas. Volveu entón ao cine e actuou en varias películas, nas que demostrou que seguía sendo o mesmo gran actor. Desde entón foi aparecendo de forma regular non só no cine, senón tamén en televisión e no teatro, e é considerado como un dos actores máis sólidos e apreciados do momento actual.
 
Dreyfuss estivo casado por primeira vez entre [[1983]] e [[1995]], de cuxo matrimonio ten tres fillos. En [[1999]] casou por segunda vez.
203.445

edicións