Lingua persa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
m arranxiño
Liña 29:
O '''persa''' ou '''parsi'''<ref>Dicionario da Real Academia Galega</ref> (فارسی, ''fārsī'') é unha lingua [[linguas indoiranias|indoirania]] da familia das [[linguas indoeuropeas]], fálase principalmente en [[Irán]], [[Afganistán]] (oficialmente coñecida como dari) e [[Taxiquistán]] (coñecida como taxico). Goza de status de [[lingua oficial]] en Irán, en Afganistán so o nome de [[lingua dari|dari]] segundo garante a nova [[Constitución de Afganistán]], e no Taxiquistán como [[lingua taxica|taxico]].
 
A súa orixe está na fala das tribos asentadas no suroeste da [[planicie iraniana]] <ref>{{cita web|apelidos=Frye|nome=Richard N.|título=History of the Persian Language in the East (Central Asia)|url=http://www.richardfrye.org/files/History_of_the_Persian_Language_in_the_East.pdf|dataacceso=8 de setembro de 2013}}</ref> que deron orixe ao imperio [[aqueménida]], coñecido como [[persa antigo]] converteuse na lingua das clases gobernantes do imperio pero non substituíu ao [[lingua aramea|arameo]] como lingua franca, consérvanse só unhas poucas inscricións desta época, pero o feito de ser utilizado por outros pobos contribuíu á súa simplificación e a intrudución de léxico foráneo, a partir do século III a.C é o época do [[persa medio]], falado no período [[Imperio Sasánida|sasánida]] ata o século IX <ref>{{cita web|título=Persian Language|url=http://www.britannica.com/EBchecked/topic/452817/Persian-language|obra=Encyclopædia Britannica|dataacceso=8 de setembro de 2013}}</ref>, e do cal derivan as actuais linguas literarias modernas [[lingua iraniana|persa moderno]], [[lingua dari|dari]] e o [[lingua taxica|taxico]]. Na [[India]] o persa foi desde o século XVI a lingua da corte, da elite e da administración do [[Imperio Mogolmogol]] <ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Alam|nome=Muzaffar|título=The Pursuit of Persian: Language in Mughal Politics|revista=Modern Asian Studies|volume= 32|número= 2|data= Maio de 1998||páxinas=317-349|url=http://www.muslimmodernities.org/uploads/Alam-Persian%20Lang%20in%20Mughal%20Politics.pdf}}</ref> pese a estar rexido por unha dinastía de orixe turcófona.
 
É falada por máis de 60 millóns de persoas no Irán.