Romaría das Cruces: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Agremon (conversa | contribucións)
m ligazón
Liña 3:
 
==Historia e características==
Conmemora unha escaramuza contra os franceses en tempos da [[Guerra da Independencia española|invasión napoleónica]]. O [[29 de xaneiro]] de [[1809]] os veciños das parroquias da zona loitaron contra os franceses baixo a protección de Nosa Señora das Virtudes. Nun primeiro momento a batalla librábana os veciños de [[Covelas, Ribadeo|Covelas]], [[Cedofeita, Ribadeo|Cedofeita]], [[Arante]], [[Sante, Trabada|Sante]], [[Vidal]] e [[A Valboa, Trabada|A Valboa]], pero ante a proximidade da derrota un emisario buscou axuda entre os veciños de [[Ove]]. A súa chegada foi providencial e os veciños derrotaron os invasores. Dende ese momento o luns de Pentecoste celebrase a romaría neste pequeno pobo. Nela dánse cita sete pendóns doutros tantos lugares da zona (parroquias de Ribadeo -Covelas, Cedofeita, Arante e Ove- e [[Trabada]] -Sante, Vidal e A Valboa-), que renden obediencia ante o pendón principal, o mesmo que as cruces que os acompañan. O acto principal vese completado co bandeo do pendón da Ponte, seguido duna procesión arredor da [[Nosa Señora das Virtudes da Ponte|igrexa da Virxe das Virtudes]].
 
No ano [[2017]] o concello inicia as xestións para a súa declaración como [[Festas de interese turístico de Galicia|Festa de Interese Turístico de Galicia]]<ref name=":0" />., culminando en decembro de 2018 coa súa concesión polo [[Consello de Turismo de Galicia]].<ref>{{Cita web|url=http://ribadeo.gal/actualidade/nova.php?id=2948&lg=gal|páxina-web=ribadeo.gal|título=Romaría das Cruces - Novas. Concello de Ribadeo|data-acceso=2018-12-20}}</ref>