Río Indo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Vida salvaxe: texto traido desde a wiki .ca:Indus#Vida salvatge
Liña 80:
 
Alcanza despois a presa de Guddu, construída entre 1957-62 para o control das crecidas do Indo, xusto na fronteira coa provincia de [[Sind]]. Segue por [[Rohri]] (224.362 hab. en 2002), Sanghar e chega a unha nova presa, a de Sukkur, construída entre 1923-32, para a rega e control das inundacións, preto da homónima cidade de [[Sukkur]] (493.438 hab.). Pasa despois por [[Larkana]] (456.544 hab.) e moi preto das ruínas de [[Mohenjo Daro]]. Segue por [[Sehwan]] (35.264 hab.), á beira do [[lago Manchar]], un encoro construído nos anos 1930 de entre 350-520 km² alimentado por dúas canles derivadas do Indo. Chega despois a [[Jamshoro]] e atravesa á cidade de [[Hyderabad, Paquistán|Hyderabad]] (1.578.367 hab.), a cidade máis poboada de todo o seu curso. Pasa preto do [[lago Keenjhar]] antes de desembocar no [[mar Arábigo]] nun gran [[Delta do río Indo|delta]] areoso de 7.770 km², que abarca uns 200 km de costa, ao sueste de [[Karachi]] e ao leste de [[Thatta]], e que é considerado como unha das rexións ecolóxicas das máis importantes do mundo.
 
A zona do delta do Indo está considerada como unha das rexións ecolóxicas máis importantes do planeta. Neste río pódese atopar unha especie única de [[Platanistoidea|golfiño]], o golfiño do río Indo (''[[Platanista minor]]''), especie moi parecida á que habita no [[río Ganxes]]. Segundo un censo efectuado no [[2001]] había un total de 1.100 exemplares vivos deste [[cetáceo]].
 
O Indo é un dos poucos ríos do mundo que experimentan o fenómeno do [[macareu]]. O sistema do Indo é en gran parte alimentado polas [[neve]]s e os [[glaciar]]es das cordilleiras tibetanas do Himalaia, Karakorum e Hindu Kush; das augas do estado indio de [[Jammu e Caxemira]] e das das [[Gilgit-Baltistán|Áreas do Norte]] de Paquistán, respectivamente. O caudal do río está determinado tamén polas estacións do ano —diminuíndo moito no inverno e experimentando inundacións das súas beiras nos meses do [[monzón]], de xullo a setembro. Tamén hai evidencias de cambios constantes no curso do río desde a prehistoria —desviouse cara ao oeste desde a desembocadura no [[ Rann de Kutch]] e xunto ás [[praderías de Banni]] despois do terremoto de 1816.<ref>[http://timesofindia.indiatimes.com/city/ahmedabad/70-of-cattle-breeders-desert-Banni/articleshow/904446.cms 70% of cattle-breeders desert Banni]; by Narandas Thacker, TNN, 14 February 2002; The Times of India</ref><ref>[http://www.india-seminar.com/2006/564/564_c_bharwada_&_v_mahajan.htm Lost and forgotten: grasslands and pastoralists of Gujarat; by Charul Bharwada and Vinay Mahajan; The forsaken drylands; a symposium on some of India's most invisible people; Seminar; New Delhi; 2006; NUMB 564, pages 35-39; ISSN 0037-1947], Listed at the [http://direct.bl.uk/bld/PlaceOrder.do?UIN=193508271&ETOC=RN&from=searchengine British Library Online]</ref>
Liña 167 ⟶ 165:
{{End box}}
 
== FaunaVida salvaxe ==
[[Ficheiro:Indus river, Pakistan.jpg|miniatura|Ponte sobre o río Indo en Paquistán]]
 
Os relatos sobre o val do Indo desde os tempos da campaña de [[Alexandre o Grande]] indican que había unha cobertura forestal saudable na rexión, que retrocedeu considerablemente. O emperador mogol [[Babur]] escribiu nas súas memorias (o [[Baburnama]]) que atopou rinocerontes nas súas ribeiras. A ampla [[deforestación]] e a interferencia humana na ecoloxía dos [[Siwalik|outeiros Shivalik]] deu lugar a unha marcada deterioración da vexetación e das condicións de crecemento. As rexións do val do Indo son agora áridas con escasa vexetación. A agricultura susténtase en gran parte debido ás obras de irrigación.
 
A zona do delta do Indo está considerada como unha das rexións ecolóxicas máis importantes do planeta. Neste río pódese atopar unha especie única de [[Platanistoidea|golfiño]], o golfiño do río Indo (''[[Platanista minor]]''), especie moi parecida á que habita no [[río Ganxes]]. Segundo un censo efectuado no [[2001]] había un total de 1.100 exemplares vivos deste [[cetáceo]].
Un dos animais máis salientes e curiosos que habitan as súas augas é o [[Platanista minor|golfiño do Indo]]. Estudos xenéticos demostraron que o arroaz do Indo e o do Ganxes (''[[Platanista gangetica]]''), que eran considerados antes como distintos, forman en realidade unha soa e mesma especie.