Montes Cárpatos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Xeografía: Control de autoridades
m →‎Xeografía: Galicia (Europa Central)
Liña 16:
Os Cárpatos non forman unha cadea ininterrompida de montañas, mais son compostos de diversos grupos distintos tanto [[Orografía|orograficamente]] como [[Xeoloxía|xeoloxicamente]]; na verdade, presentan tanta variedade canto os Alpes. Os Cárpatos, que raramente atinxe máis do que 2500 m, non presentan campos con neve, nin grandes glaciares, nin cataratas nin os [[lago]]s que se poden atopar nos Alpes. Non posúen neves eternas en ningún punto, e non hai presenza de glaciares. Así, mesmo nos seus puntos máis elevados, lembran a rexión mediana dos Alpes, cos cales, non obstantes, teñen diversos puntos en común, como a aparencia, estrutura e [[flora]].
 
O Danubio separa os Cárpatos dos Alpes, que se encontran en apenas dous puntos, os [[Montes Leitha]] en Bratislava, e os [[Montes Bakony]], mentres que este río sepáraos dos [[Balcáns]] en Orsova, na Romanía. O val do [[Río March|March]] e o [[Río Oder|Oder]] separa os Cárpatos das cadeas da [[Silesia]] e da [[Moravia]], que pertencen á á central do gran sistema de montañas europeo. Contrariamente ás outras ás do sistema montañoso europeo, os Cárpatos, que son o punto de división das augas entre os mares do norte e o [[Marmar Negro]], están rodeados de planicies por todos os lados, principalmente a planicie [[Panonia]]na no suroeste, a planicie do Baixo Danubio (Romanía) no sur e a planicie da [[Galicia (Europa Central)|Galitzia]] no nordeste.
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Europa]]