Lev Tolstoi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 15:
=== Primeiros anos ===
[[Ficheiro:Lev Nikolayevich Tolstoy 1848.jpg|miniatura|left|Tolstoi con 20 anos, en 1848.]]
Lev (na súa familia pronunciaron sempre o seu nome como ''Liov'') Nikolaievich Tolstoi naceu na propiedade familiar de [[Iasnaia Poliana]], na [[gobernación de Tula]], na Rusia central o [[28 de agosto]] ([[9 de setembro]] segundo o [[calendario xuliano]]) de [[1828]]. A familia Tolstoi era unha antiga familia nobre rusa, que conectaba os seus devanceiros co mítico nobre lituano Indris.<ref>{{cita web|url=https://books.google.com/books?id=7kDJ3s1mcZcC&lpg=PA8&ots=pm4usaL-FH&dq=tolstoy%20lithuanian&pg=PA8#v=onepage&q=tolstoy%20lithuanian&f=false|título=Tolstoy|publisher=}}</ref><ref>{{cita web|url=http://www.nytimes.com/1983/11/06/books/six-centuries-of-tolstoys.html|título=SIX CENTURIES OF TOLSTOYS|data=6 de novembro de 1983|editor=The New York Times}}</ref> A nai morreu cando Lev non cumprira aínda os dous anos. En [[1837]] a familia mudouse a [[Moscova]], para preparar a entrada do fillo máis vello na universidade. Pouco despois morreu, porén inesperadamente, o pai, o que provocou a volta dos fillos máis novos a IásnaiaIasnaia Poliana, onde quedaron so a tutela da tía paterna, a condesa A. M. Osten-Saken e de T.A. Ergol’skoiErgolskoi. Lev Tolstoi permaneceu en IásnaiaIasnaia Poliana ata a morte da condesa [[Osten-Saken]] no ano [[1840]], data na que os nenos foron trasladados a [[Kazán]], esta vez tutelados pola irmá do seu pai, P. I. Iushkova. Este período da súa vida recolleuno Tolstoi no seu libro “Infancia” (''Detstvo'').
 
A casa de Iushkova, era un dos puntos preferidos de reunión da boa sociedade de Kazán. “A miña boa tía, contou Tolstoi en “Confesión”, sempre afirmaba que o que máis desexaría para min era que me relacionara cunha muller casada: ''rien ne forme un jeune homme comme une liason avec un femme comme il faut'' (para formar a un home novo, non hai coma unha relación amorosa cunha muller xeitosa)”. Neste ambiente mundano, comezan a manifestarse as contradicións da natureza de Tolstoi. O seu esaxerado amor propio facíalle desexar apaixoadamente destacar na boa sociedade, facerse cunha reputación de home de mundo. Na súa contra xogaban o seu escaso atractivo físico e a súa timidez. A un tempo maniféstanse as tensións internas causadas pola súa procura dun estrito ideal de moralidade. As “grandes cuestións da existencia”, a morte, a felicidade, [[Deus]], o amor, a eternidade torturárono durante esta época da vida. O contraste entre a brillante vida mundana na que se desenvolve e as súas preocupacións íntimas deron lugar, nas súas propias palabras “ó costume da continua análise moral, que destruía a frescura dos sentimentos e a claridade do pensamento (“Xuventude”). Os sucesos desta época recóllense nas obra “Adolescencia” e “Xuventude”.