Diferenzas entre revisións de «Rosa Luxemburg»

sen resumo de edición
(Ao igual que a súa compañeira Alexandra Kollontai, Luxemburg nunca se considerou feminista, e de forma análoga á da comunista bolxevique, na súa obra criticou o carácter inherentemente burgués dese movemento.)
As súas ideas inspiraron tendencias da [[esquerda comunista]] e deron orixe ''a posteriori'' á corrente intelectual coñecida baixo o nome de [[luxemburgismo]]. A herdanza de Rosa Luxemburg foi reivindicada porén, de maneira contraditoria, por movementos políticos moi diversos.
 
Debido ás súas críticas tanto ás escolas [[Leninismo|lenilistaleninista]] coma ós máis moderados [[socialdemocracia|socialdemócratas]] do [[socialismo]], Luxemburg tivo unha acollida ambivalente entre os académicos e teóricos da [[esquerda política]]. Porén, Luxemburg e Liebknecht foron idolatrados como [[mártir]]es comunistas polo réxime comunista da [[Alemaña do Leste]].
 
O seu traballo, tanto no eido teórico como práctico, para a consecución dun socialismo democrático internacional, en contra do [[militarismo]] e da [[guerra]], é considerado hoxe en día por moitos un modelo a seguir. Dende 1996, un domingo a mediados de xaneiro celébrase cada ano, en [[Berlín]], o día de Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht, en lembranza do asasinato dos dous dirixentes comunistas o 15 de xaneiro de 1919, e a [[Oficina Federal para a Protección da Constitución]] alemá indica que a idolatría por eles é unha importante tradición da [[extrema esquerda]] alemá.
10.315

edicións