Piano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
vals > valse
Sen resumo de edición
Liña 114:
Son poucos os compositores para piano que se poden considerar [[Impresionismo musical|impresionistas]]. Destaca principalmente [[Claude Debussy]] que compuxo unha ampla variedade de obras para piano e para orquestra e [[música de cámara|grupos de cámara]], ademais de 24 preludios, varias suites, estudos e outras obras. A sinfonía ou a sonata para piano foron composicións moi usadas polos compositores románticos e postrománticos, pero Debussy nunca compuxo ningunha obra deste tipo. Outro compositor francés que realizou obras deste estilo foi [[Maurice Ravel]], aínda que se considera un compositor [[Música neoclásica|neoclásico]] máis ca impresionista. Compuxo un elevado número de obras para piano, que orquestrou na súa maioría, e tamén transcribiu para piano obras propias ideadas para orquestra.<ref name="compositores"/>
 
Na [[música modernista|música contemporánea]] compositores como [[Béla Bartók]], [[Ígor Stravinski]], [[Sergéi Prokófiev]], [[Aaron Copland]], [[DmitriDmitrii Shostakóvich]], [[Arnold Schönberg]] e [[Dmitri Kabalevski]], entre outros, compuxeron unha ampla literatura pianística.<ref name="compositores"/>
 
== Pianistas famosos ==