Módulo de descenso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Agremon (conversa | contribucións)
máis dende en;
Liña 16:
 
=== Módulo lunar ===
A súa historia (e a dos módulos de descenso en xeral) comeza co [[Lúa 2]], en 1959, ó que seguiron diversos impactadores dos [[Programa espacial Lúa|programas soviéticos Lúa]] e estadounidense [[Programa Ranger|Ranger]]., e, máis adiante, os módulos que levaron ós astronautas nas misións [[Proxecto Apollo|Apolo]] á superficie da [[Lúa]]. Estes módulos tiñan capacidade de aterrar suavemente e de abandonar a superficie, unha vez rematada a misión, mediante [[Foguete espacial|foguetes]] propulsores.
 
[[Ficheiro:Lunar surface shortly after landing, Apollo 16.jpg|miniatura|right|Vista da superficie lunar dende un módulo lunar Apolo, despois da alunizaxe.]]
[[File:Surveyor 3 on Moon.jpg|miniatura|Surveyor 3 na Lúa.]]
 
No [[1966]], o vehículo da [[URSS]] [[Luna 9]] foi o primeiro vehícuo espacial en alunizar e transmitir datos fotográficos á Terra. O programa estadounidense [[Surveyor]] (do 1966 en diante) foi deseñado para determinar onde poderían alunizar de xeito seguro os vehículos apolo. Como resultado, requeriuse misóns de alunizaxe robótico para recoller mostras de terreo lunar e determinar o grosor da capa de pó, descoñecida antes de Surveyor.
 
Os estadounidenses [[Módulo lunar Apolo|módulos lunares Apolo]] (do 1969 en diante), manexados por astronautas, e con rovers (dende o 1971) e os últimos grandes módulos de descenso soviéticos sen tripulación (dende 1969), [[Programa Lunokhod|Lunokhod]]s (dende 1970) e as misións de recollida de mostras (dende 1970) usaron un [[cohete]] de descenso para unha alunizaxe suave dos astronautas e vehículos lunares á Lúa.
 
O [[vehículo espacial Altair]], coñecido antes como "Lunar Surface Access Module" ("LSAM", módulo de acceso á superficie lunar), foi o módulo de descenso planeado para o [[Programa Constelación]], antes da cancelación do proxecto.
 
Dende agosto de 2012, a NASA desenvolve vehículos que usan un cohete de descenso para facilitar a alunizaxe ou descenso noutros corpos celestes. Este tipo de vehículos inclúen o [[Módulo de descenso Águia poderosa]] e o [[Módulo de descenso Morfeo]]. O módulo do [[Proxecto Morfeo]] pode ter un empuxe suficiente para propulsar unha etapa de ascenso tripulada.
 
Rusia ten asemade plans para que a misión [[Luna-Grunt]] volva con mostras lunares no 2021.
 
A misión china [[Chang'e 3]] e o seu rover Coello de Xade alunizaron o 14 de decembro de 2013. Os plans chinos de repetir a alunizaxe coa misión [[Chang'e 4]] con rover incorporado en 2015 foi seguido polos [[Chang'e 5]] con retorno de mostras (2017) e [[Chang'e 6]] (esperado para 2020).
== Notas ==
{{Listaref|2}}