Manuel García Barros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 41:
No ano [[1920]] creouse o xornal ''[[El Emigrado]]'', publicación financiada polos ''Hijos del Ayuntamiento de La Estrada'', de [[Cuba]]. Neste xornal comezou a publicar periodicamente os seus “Contiños da terra” e comezou a ser recoñecido e respectado no ámbito cultural galego e no movemento galeguista. No ano [[1924]], o seu conto ''O fútbol en Malpocados'' foi premiado nos Xogos Florais de Santiago. Dous anos máis tarde púxose en escena a súa pequena peza teatral ''Carta da Habana'' (publicada na ''[[Céltiga (revista)|Revista Céltiga]]'', [[Edicións Fervenza]], 2002). No [[1929]], o seu longo traballo ''Falemos na nosa fala'' gañou o Certame Literario de Exaltación da Muller Galega (Pontevedra). Posteriormente recolleu os contos e relatos breves que fora sacando en ''El Emigrado'', e publicounos so o título ''[[Contiños da terra]]'' (Nós, 1930; Hnos. Caporaletti, 1952; [[Edicións Xerais de Galicia]], 1999; [[Biblioteca Galega 120]], [[La Voz de Galicia]], 2002). Xa en vida non viu publicadas máis obras, a pesar de pasar toda a vida escribindo.
 
No ano do seu pasamento, meses despois, saíu á rúa ''[[As aventuras de Alberte Quiñoi]]'' (Colección Pombal, [[Edicións Castrelos]], 1972; [[Editorial Vía Láctea]], 1990), a pesar de que xa fora finalista nun concurso literario convocado polo [[Centro Galego de Buenos Aires]] no 1949.<ref name="VILAVEDRA3">{{Cita libro |apelidos-editor={{Versaleta|Vilavedra}} |nome-editor=Dolores |máscara-editor= |ligazón-editor=Dolores Vilavedra |ano=2000 |título=Diccionario da Literatura Galega. Obras |volume=III |url=https://books.google.es/books?id=dRYGIwW4kFkC&lpg=PP1&hl=es&pg=PP1#v=onepage&q&f=false |páxina= |editorial=Galaxia |isbn=84-8288-365-8 |ref=harv }}</ref> Máis tarde publicáronse a súas obras ''Enredos'' ([[Editorial Galaxia]], 2000), ''Fiunchos'' (2001) e ''Dos meus recordos'' (Editorial Galaxia, 2001), esta última de corte autobiográfico.
 
Toda a súa obra está escrita en galego, excepto un artigo: ''Divagaciones sobre lo discutible y lo indiscutible'', no que se manifestaba contra a guerra e o fanatismo relixioso.