Módulo de descenso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
Notas a 2 col.
Agremon (conversa | contribucións)
seccións
Liña 2:
'''Módulo de descenso''', en exploración espacial, denomínase ao artefacto que descende á superficie do obxectivo ([[planeta]], [[Satélite natural|lúa]], etc.) e que efectúa unha aterraxe suave. É dicir, non é destruído polo impacto coa superficie que pretende visitar.
 
== Xeralidades ==
Xeralmente son pasivos, é dicir, non teñen partes móbiles, e dependen de complexas operacións de [[Aerofreada|aerofrenado]] para a súa supervivencia, dependendo das condicións do lugar a aterrar (Misión [[Sonda Cassini-Huygens|Cassini-Huygens]] a [[Titán (lúa)|Titán]], a malograda Beagle 2 da misión [[Mars Express]], etc).
 
Téñense usado para obter datos directamente do medio ambiente que visita. Normalmente necesitan dunha nave de apoio, chamada orbitador, que se mantén en órbita do obxecto visitado, e fai de ligazón entre o módulo e a [[Terra]]
 
Tiveron moito éxito, e aínda continúan funcionando (dec. 2018), os módulos máis famosos, no planeta [[Marte]]: [[Spirit]] e Opportunity, que levaron con eles aparellos con capacidades móbiles (chamados "[[rover]]")<ref>{{Cita web|url=https://airandspace.si.edu/exhibitions/exploring-planets|data=2003-04-29|páxina-web=National Air and Space Museum|título=Exploring the Planets|data-acceso=2018-12-14|lingua=en}}</ref>. Chámaselle [[impactador]] cando non é freado, senón que literalmente, impacta, para observar o que sucede nese caso.<ref>{{Cita web|url=https://solarsystem.nasa.gov/missions/deep-impact-epoxi/in-depth|páxina-web=Solar System Exploration: NASA Science|título=In Depth Deep Impact (EPOXI)|data-acceso=2018-12-14}}</ref>
 
== Módulos de descenso segundo o corpo celeste de destino ==
 
=== Módulo lunar ===
Módulo aos que levaron aos astronautas nas misións [[Proxecto Apollo|Apolo]] á superficie da Lúa. Estes módulos tiñan capacidade de aterrar suavemente e de abandonar a superficie, unha vez rematada a misión, mediante [[Foguete espacial|foguetes]] propulsores.