Also sprach Zarathustra (Strauss): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 100:
<li>'''Der Genesende''' (''O convalecente'')</li>
 
A sexta sección é un alarde de contrapunto no que se mesturan os diferentes temas. Cun solo de trombón apoiado por cellos e contrabaixos exponse o tema da fuga do episodio inmediatamente anterior, marcando así o inicio deste episodio cun intento de fuga, a axitación da orquestra aumenta e séguese un tutti en fortíssimo co tema principal da introdución da obra (tema da natureza). Acto seguido retorna un ambiente sombrío co clarinete baixo e o contrafagot que dan paso a un xogo de trinos nas madeiras que representan a [[risa]], sobre os que se enlazan unha serie de diálogos entre o concertino e o cello solista; logo séguense unha serie de unisonos e escalas da corda que indican o final do episodio. O riso, e con el a vida están representadas por un novo tema moi luminoso, ata o punto de que a orquestra se contaxia da súa enerxía e maxia. É a partir da risa cando Zarathustra descobre un novo mundo que se representa na seguinte sección.<ref name=Moreno/>
 
<li>'''Das Tanzlied''' (''A canción do baile'')</li>