Abrir o menú principal

Cambios

Segundo o [[Premio Nobel de Literatura]] [[Reino Unido|británico]] [[Bertrand Russell]], quen tivo unha conversación durante horas con el:<ref>{{cita web|autor=[[Bertrand Russell|Russell, Bertrand]]|título=The Practice and Theory of Bolshevism|url=http://www.gutenberg.org/files/17350/17350-h/17350-h.htm|editor=George Allen and Unwin Ltd|lingua=inglés|ano=[[2005]]|localización=Londres|dataacceso=[[24 de febreiro]] de [[2013]]}}</ref>
 
{{Cita|"É moi amable e de aparencia sinxela, sen ningún rastro de arrogancia. Se un o ve sen saber quen é, non se crería que posúe un inmenso poder ou que se saia do ordinario. Xamais coñecín a unha persoa tan pouco disposta a darse aires de importancia. Mira aos seus contertulios cunha mirada escrutadora, chiscando un ollo, o que parece aumentar nun grao inquietante o poder de penetración do outro. Ri con facilidade; nun principio a súa [[risa]] parece simplemente amable e alegre, pero aos poucos cheguei a sentila un tanto irónica. É autoritario, tranquilo e incapaz de ter medo. É un home extraordinariamente carente de egoísmo, unha teoría feita home. Un sente que se aferra á concepción materialista da historia como a nena dos seus ollos. Parécese a un profesor no seu desexo de facer que a súa teoría sexa entendida, tanto no furor que sente contra aqueles que a comprenden mal ou non están de acordo, como tamén no seu amor por ensinar. Teño a impresión de despreza a moita xente e de que é un aristócrata intelectual."}}
 
Segundo a maioría dos relatos,<ref>{{cita libro|autor=Le Blanc, Paul|título=Revolution, Democracy, Socialism – Selected Writings of Lenin|editor=Pluto Press|localización=Londres|ano=1964|isbn=978-0745327600|lingua=inglés|páxinas=24–25}}</ref> na súa vida persoal era un home modesto e sen pretensións. Gustábanlle os nenos e os gatos, e as súas afeccións eran o [[ciclismo]], a [[fotografía]], o [[xadrez]], a [[patinaxe]], a [[natación]], a [[Cinexética|caza]], a [[música]] e o sendeirismo. Pola contra non lle gustaba o desorde, tiña sempre o seu escritorio ordenado e os seus lapis con punta. Durante o seu exilio en [[Suíza]], acompañado pola súa esposa Krupskaia, desenvolveu unha considerable paixón por camiñar entre as montañas.
172.249

edicións