Belgrado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 115:
* A Asemblea da Cidade de Belgrado, con sede no Pazo vello, está formada por 90 conselleiros que son elixidos por sufraxio cada 4 anos. Reúnese polo menos unha vez por trimestre e a súa principal función é a de xestionar a Carta da cidade, aconsellar sobre a súa interpretación, aprobar os orzamentos e decidir sobre os plans de urbanismo que afecten ás principais infraestruturas da área metropolitana.
* A Alcaldía da Cidade de Belgrado ten a función de representación da cidade e de actuación executiva no seu nome. O alcalde, que é elixido ao mesmo tempo que a Asemblea sen necesidade de ser un dos seus membros, é asistido por un vicealcalde e é tamén o presidente do Consello da Cidade.
* O Consello da Cidade, que ten por función a implementaciónposta en funcionamento das decisións tomadas pola Alcaldía e a Asemblea así como a xestión administrativa e deseño do orzamento, está dirixido por unha representación de 9 membros, elixidos pola Asemblea a proposta do alcalde, ademais do alcalde mesmo.
 
O alcalde de Belgrado é desde o 2004, [[Nenad Bogdanović]], membro do [[Partido Democrático (Serbia)|Partido Democrático]] quen substituíu a [[Zoran Đinđić|Dr. Zoran Đinđić]], alcalde de Belgrado en [[1996]], sendo o primeiro alcalde elixido de xeito democrático na historia recente do país.