Ácido desoxirribonucleico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Maria zaos (conversa | contribucións)
m arranxos urlmortas
Liña 126:
 
=== Sucos maior e menor ===
[[Ficheiro:DNA_orbit_animated.gif|frame|dereita|Animación da estrutura dunha sección de ADN. As bases están dispostas horizontalmente entre as dúas cadeas en espiral. [[:Ficheiro:DNA orbit animated.gif|Versión ampliada]]<ref>Created from [httphttps://www.rcsb.org/pdbstructure/cgi/explore.cgi?pdbId=1D651D655 PDB 1D65]{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}</ref>]]
 
[[Ficheiro:Levo dextro.png|esquerda|miniatura|Dobre hélice: a) Dextroxira, b) Levoxira.]]
Liña 246:
=== Encimas que modifican o ADN ===
==== Nucleases e ligases ====
As [[nuclease]]s son [[encima]]s que cortan as febras de ADN [[catalizador|catalizando]] a [[hidrólise]] dos [[enlace fosfodiéster|enlaces fosfodiéster]].<ref>{{Cita web | páxina-web= Encyclopedia Britannica | url= httphttps://globalwww.britannica.com/science/nuclease | título= Nuclease }}{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref> As nucleases que hidrolizan [[nucleótido]]s a partir dos extremos das febras de ADN denomínanse ''[[exonuclease]]s'', mentres que as que cortan no interior das febras son ''[[endonuclease]]s''.<ref>{{Cita libro|título=Bioquímica |autor=Lehninger A. L. |ano=1980 | isbn= 84-282-0211-7 |páxinas=329-330 |editorial=Omega}}</ref> As nucleases máis utilizadas en [[bioloxía molecular]] son os [[encima de restrición|encimas de restrición]], que son endonucleases que cortan o ADN onde este ten determinadas secuencias de nucleótidos específicas. Por exemplo, o encima [[EcoRV]], que se mostra na figura da esquerda, recoñece a secuencia de 6 bases 5′-GAT|ATC-3′, e fai un corte en ambas as febras do ADN na liña vertical indicada, xerando dúas moléculas de ADN cos extremos romos. Outros encimas de restrición xeran extremos cohesivos, xa que cortan de forma diferente as dúas febras de ADN.<ref>{{cita publicación periódica | autor = Bickle TA, Krüger DH | título = Biology of DNA restriction | revista = Microbiol Rev | volume = 57 | número = 2 | páxinas = 434–50 | ano = 1993 | pmid = 8336674 | pmc = 372918 }}</ref> Na natureza, estes encimas preséntanse nas [[bacteria]]s, e protexen ás mesmas contra as infeccións de [[bacteriófago|fagos]], ao dixeriren o ADN de ditos fagos cando entra a través da parede bacteriana, actuando como un mecanismo de defensa.<ref>{{Cita publicación periódica|autor=Bickle T, Krüger D |título=Biology of DNA restriction | url=http://www.pubmedcentral.nih.gov/picrender.fcgi?artid=372918&blobtype=pdf | revista=Microbiol Rev |volume=57 |número=2 | páxinas=434–50 |ano=1993 |pmid=8336674}}</ref> En [[biotecnoloxía]], estas nucleases específicas de secuencias do ADN utilízanse en [[enxeñaría xenética]] para [[clonación molecular|clonar]] fragmentos de ADN,<ref>{{Cita libro|título=DNA Cloning: Complex genomes|editor1=David M. Glover|editor2= B. D. Hames|editorial=IRL Press|ano=1995|isbn=9780199634835}}</ref> e na técnica da [[pegada xenética]].<ref>{{Cita libro|título=Genetic Witness: Science, Law, and Controversy in the Making of DNA Profiling|autor=Jay Aronson|ano=2007|editorial=Rutgers University Press|isbn=9780813543833}}</ref>
 
Os encimas denominados [[ADN ligase]]s poden unir febras de ADN cortadas ou rotas.<ref name=Doherty>{{Cita publicación periódica|autor=Doherty A, Suh S |título=Structural and mechanistic conservation in DNA ligases. | url=http://www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pubmed&pubmedid=11058099 | revista=Nucleic Acids Res |volume=28 |número=21 | páxinas=4051–8 |ano=2000 |pmid=11058099 |doi=10.1093/nar/28.21.4051}}</ref> As ligases son particularmente importantes na [[replicación]] da febra que sofre replicación descontinua no ADN (febra retardada), xa que unen os fragmentos ([[fragmento de Okazaki|de Okazaki]]) curtos de ADN xerados na [[forquita de replicación]] para formar unha copia completa do molde de ADN. Tamén se utilizan na [[reparación do ADN]] e en procesos de [[recombinación xenética]].<ref name=Doherty />