Piano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Traducción do artigo francés, por Iria P.
Liña 2:
Un '''piano''' é un [[instrumento musical]] composto dunha serie de cordas metálicas de diferente lonxitude e diámetro, ordenadas de maior a menor no interior dunha caixa sonora. Estas cordas son percutidas por pequenos mazos impulsados por un teclado, producindo [[son|sons]] claros e vibrantes.
Atendendo á súa forma e dimensión denomínanse verticais, de cola e media cola, ou de mesa. O piano apareceu en Italia a principios do [[século XVIII]], volvendo a poñer en función os pequenos mazos ou martelos dos antigos [[clavicordio]]s que o [[clavicémbalo]], beliscando con púas, desterrara. A innovación deste instrumento de corda percutida consistiu na posibilidade de matiza-la intensidade das notas e da-los “pianos” doces e de baixa forza, e os “fortes”, e por iso foi chamado pianoforte.
==Historia do piano ==
===Invención do ''piano-forte''===
Creado ao principio do século XVIII polo italiano Bartolomeo Cristofori en Florencia (Italia), sobre o nome « piano-forte », o piano nace da evolución dun instrumento chamado ''[[clavicordio]]'' (século XV) e do ''timpanon'' (Idade Media)
A data de fabricación do primeiro piano forte por Bartolomeo Cristofori é incerta, pero un inventario realizado polos mecenas de Cristofori, a familia [[Médicis]], indica a existencia dun instrumento de Cristofori en 1700. Cristofori non tería construído máis que unha vintena de piano-fortes antes da súa morte en 1731. Non quedan máis que tres hoxe en día, que datan dos anos 1720.
 
==Pianistas famosos==