Manuel Curros Enríquez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 18:
 
=== ''Aires d'a miña terra'' ===
En [[1880]] publicou ''[[Aires da miña terra|Aires d'a miña terra]]'', libro de poemas no que pon de manifesto o seu [[anticlericalismo]] ó considerar que a Igrexa non se achega ós pobres e necesitados senón que só defende castes e privilexios. Nesta obra publica o poema "Mirand’ó chau" no que, entre outras cousas escribe o celebre verso ''S’eu fixen tal mundo, que o demo me leve''. A reacción eclesiástica non se fixo esperar e o [[28 de agosto]] dese mesmo ano [[1880]] o [[Diocese católica latina de Ourense|bispo de Ourense]] [[Cesáreo Rodrigo Rodríguez]] condena e reproba o libro por conter "''proposiciones heréticas, blasfemas, escandalosas''”. Prohíbese ós fieis a lectura e posesión do libro e remátase excomungando a Curros. Simultaneamente, o bispo de Ourense denuncia diante das autoridades xudiciais o libro de Curros. O xulgado de Ourense procesouno por delito contra o libre exercicio dos cultos e ordenou o secuestro dos exemplares en poder do editor e destrución dos moldes de copia, mentres que Curros foi condenado a dous anos e catro meses de cadea e ó pago dunha multa de 250 [[peseta]]s. Finalmente, foi absolto na Audiencia da [[A Coruña|Coruña]].<ref name="SEGUNDA">[http://biblioteca.galiciana.gal/i18n/consulta/registro.cmd?id=7882 Segunda edición] en [[Galiciana]]. [[Biblioteca de Galicia]].</ref>
[[Ficheiro:CurrosAsorey.jpg|miniatura|175px|Como [[bardo]] no monumento da Coruña, de [[Francisco Asorey|Asorey]], inaugurado en 1934.<ref name="INAUGURA">[[Fernando Martínez Morás|F.M.M]] (1934). [https://academia.gal/documents/10157/24863/Inauguraci%C3%B3n+monumento+a+Curros+Enr%C3%ADquez.pdf ''Inauguración del monumento a Curros Enríquez'']. Academia Gallega {{Es}}.</ref>]]
Perdido o posto de traballo en facenda, volta a Madrid en [[1883]] e ingresa na redacción de ''El Porvenir'', xornal republicano, e en 1887 accedeu ao posto de redactor xefe de [[El País (1887-1921)|''El País'']] e en agosto de 1888 apareceu ''O divino sainete'', que pasou desapercibido para a crítica galega polo seu ton anticlerical.