Manuel Curros Enríquez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7:
|tamaño_sinatura = 275px
}}
 
[[Ficheiro:A mis queridas sobrinas... Manolo.jpg|dereita|miniatura|Retrato de Manuel Curros Enríquez.]]
 
'''Manuel Curros Enríquez''', nado en [[Celanova]] o [[15 de setembro]] de [[1851]]<ref>{{Cita web |url=http://www.currosenriquez.es/gl/o-poeta/curros-enriquez.html |título=Fundación Curros Enríquez |data-acceso=15 de setembro de 2017 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20170916010609/http://www.currosenriquez.es/gl/o-poeta/curros-enriquez.html |dataarquivo=16 de setembro de 2017 |urlmorta=si }}</ref> e finado na [[A Habana|Habana]] o [[7 de marzo]] de [[1908]], foi un poeta e xornalista [[Pobo galego|galego]], un dos tres principais representantes do [[Rexurdimento]] da [[literatura galega]], xunto a [[Rosalía de Castro]] e [[Eduardo Pondal]]. Dedicóuselle o [[Día das Letras Galegas]] en [[1967]].<ref>[http://academia.gal/figuras-homenaxeadas/-/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/28671 Figuras homenaxeadas] [[Real Academia Galega]].</ref>
== Biografía ==
{{Véxase tamén|Cronobiografía de {{PAGENAME}}}}
 
[[Ficheiro:CurrosAsorey.jpg|miniatura|175px|Como [[bardo]] no monumento da Coruña, de [[Francisco Asorey|Asorey]], inaugurado en 1934.<ref name="INAUGURA">[[Fernando Martínez Morás|F.M.M]] (1934). [https://academia.gal/documents/10157/24863/Inauguraci%C3%B3n+monumento+a+Curros+Enr%C3%ADquez.pdf ''Inauguración del monumento a Curros Enríquez'']. Academia Gallega {{Es}}.</ref>]]
Curros Enríquez naceu en Celanova no [[1851]], na casa número 14 da rúa de San Roque. Era fillo do escribán Xosé María de Curros Vázquez (de [[Santiso]]) e de Petra Enríquez (de [[Concello de Vilanova dos Infantes|Vilanova dos Infantes]]). A pesar de que certos biógrafos{{quen}} indican que seu pai era un [[Carlismo|carlista]], que sometía o seu fillo a malleiras frecuentes, o certo é que as modernas investigacións{{Cómpre referencia}} determinaron que, ben polo contrario, Xosé María de Curros defendeu sempre as ideas liberais. Asistiu á escola de don Manuel Rebollo e cando estivo preparado tivo que axudarlle a seu pai como escribente. En [[1866]] marchou cara a [[Madrid]], á casa do seu irmán Ricardo, onde fixo o bacharelato e comezou a estudar [[Dereito]] aínda que non rematou.
[[Ficheiro:A mis queridas sobrinas... Manolo.jpg|dereita|miniatura|Retrato de Manuel Curros Enríquez.]]
 
Participa na [[Revolución de 1868]] que derroca a [[Isabel II de España|Isabel II]] o cal fai que asuma os ideais democráticos. Ingresa de escribente no Concello de Madrid e visita os círculos literarios coa intención de facer alí carreira literaria, desa época é a lenda en castelán, ''El Maestre de Santiago''. Dende [[1871]] viviu con Modesta Luisa Polonia Vázquez Rodríguez (natural de [[Pobra de Seabra]]), coa que tivo un fillo en [[1873]] e coa que casou no [[1877]] aínda que se acabou separando máis tarde. En 1873 comezou a súa carreira xornalística ao ingresar na ''[[Gaceta de Madrid]]'' e ao ano seguinte entra en ''[[El Imparcial (1867)|El Imparcial]]'', para o que cubriu, entre decembro de 1875 e febreiro de 1876, a [[Terceira Guerra Carlista]] escribindo as ''Cartas del norte''. Sucedeuno na tarefa outro correspondente, Fauró, tras ser ferido de bala por un axudante do brigadier Mariné con quen compartía habitación segundo relata no tomo III o recompilador das súas obras completas para a Casa editorial Perlado, Páez y C.ª, Sucesores de Hernando (Madrid, 1910).
 
Liña 22 ⟶ 19:
=== ''Aires d'a miña terra'' ===
En [[1880]] publicou ''[[Aires da miña terra|Aires d'a miña terra]]'', libro de poemas no que pon de manifesto o seu [[anticlericalismo]] ó considerar que a Igrexa non se achega ós pobres e necesitados senón que só defende castes e privilexios. Nesta obra publica o poema "Mirand’ó chau" no que, entre outras cousas escribe o celebre verso ''S’eu fixen tal mundo, que o demo me leve''. A reacción eclesiástica non se fixo esperar e o [[28 de agosto]] dese mesmo ano [[1880]] o [[Diocese católica latina de Ourense|bispo de Ourense]] [[Cesáreo Rodrigo Rodríguez]] condena e reproba o libro por conter "''proposiciones heréticas, blasfemas, escandalosas''”. Prohíbese ós fieis a lectura e posesión do libro e remátase excomungando a Curros. Simultaneamente, o bispo de Ourense denuncia diante das autoridades xudiciais o libro de Curros. O xulgado de Ourense procesouno por delito contra o libre exercicio dos cultos e ordenou o secuestro dos exemplares en poder do editor e destrución dos moldes de copia, mentres que Curros foi condenado a dous anos e catro meses de cadea e ó pago dunha multa de 250 [[peseta]]s. Finalmente, foi absolto na Audiencia da [[A Coruña|Coruña]].
[[Ficheiro:CurrosAsorey.jpg|miniatura|175px|Como [[bardo]] no monumento da Coruña, de [[Francisco Asorey|Asorey]], inaugurado en 1934.<ref name="INAUGURA">[[Fernando Martínez Morás|F.M.M]] (1934). [https://academia.gal/documents/10157/24863/Inauguraci%C3%B3n+monumento+a+Curros+Enr%C3%ADquez.pdf ''Inauguración del monumento a Curros Enríquez'']. Academia Gallega {{Es}}.</ref>]]
 
Perdido o posto de traballo en facenda, volta a Madrid en [[1883]] e ingresa na redacción de ''El Porvenir'', xornal republicano, e en 1887 accedeu ao posto de redactor xefe de [[El País (1887-1921)|''El País'']] e en agosto de 1888 apareceu ''O divino sainete'', que pasou desapercibido para a crítica galega polo seu ton anticlerical.
 
=== Curros na emigración ===
[[Ficheiro:Sentados, de e. a d., Ojea, Murguía, Curros e Martínez Salazar. De pé Carré Aldao, Florencio Vaamonde Lores, Tettamancy e Eladio Rodríguez.jpg|miniatura|300px|De pé, de esquerda a dereita, [[Uxío Carré Aldao|Carré]], [[Florencio Vaamonde|Vaamonde]], [[Francisco Tettamancy|Tettamancy]] e [[Eladio Rodríguez González|Rodríguez]]. Sentados, [[José Ogea|Ogea]], [[Manuel Murguía|Murguía]], Manuel Curros Enríquez e [[Andrés Martínez Salazar|Martínez Salazar]], na [[A Coruña|Coruña]], en outubro de [[1904]].]]
En [[1894]] decide emigrar cara a [[América]]. Acollido con entusiasmo á súa chegada, na [[A Habana|Habana]] dirixe un xornal, ''[[La Tierra Gallega (1894)|La Tierra Gallega]]'' e cando se suspendeu a súa publicación ingresou na redacción de ''[[El diario de las Familias]]'' e despois na do ''[[Diario de la Marina]]'', no que apoia os autonomistas cubanos, o que lle causou problemas coas autoridades e acabou indispoñéndose coa maioría dos seus paisanos. En [[1904]] viaxa á Coruña, onde foi agasallado polos [[rexionalismo galego|rexionalistas]] e inicia xunto con [[Manuel Murguía]] a [[Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega]], base da futura [[Real Academia Galega]] e da que será nomeado presidente ó ano seguinte. De volta á Habana, retoma as súas actividades no ''Diario de la Marina''.
 
Liña 32 ⟶ 29:
 
== Obras ==
[[Ficheiro:O Divino Sainete.jpg|miniatura|dereita|''O divino sainete''.]]
* ''[[Cartas del norte]]'' (1875-1876)
* ''[[A Virxe do Cristal]]'' (1877)