Documento de identidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Deste xeito, os [[pasaporte]]s son considerados tamén documentos de identidade, alén da súa razón primeira que é ser un documento de viaxe. En varios países, os documentos que habilitan o [[cidadán]] a conducir [[vehículo]]s tamén son moitas veces aceptados como proba de identidade, tendo, polo tanto, a mesma utilidade práctica dun documento de identidade ''[[ad hoc]]''. Alén do pasaporte e da habilitación para conducir veículos, hai outros documentos que poden ser aceptados como comprobantes de identidade. No [[Brasil]], de feito, a carteira de traballo e as carteiras de ordes profesionais tamén son aceptadas legalmente para desempeñar os mesmos fins da cédula de identidade.
 
Porén, en varios países existe grande resistencia á creación de documentos de identidade ''ad hoc''. En países como [[Australia]], [[Andorra]], [[Dinamarca]], [[Filipinas]], o [[Xapón]] ou [[Corea do Sur]], non existe ningún documento que poida ser considerado unha proba de identidade creada especificamente para este efecto. Deféndese amplamente que un documento que teña por único fin a proba da identidade dunha persoa é unha [[inxerencia]] do [[Estadoestado]] na [[privacidade]] dos seus cidadáns, ó modelo de estados [[totalitarismo|totalitarios]] ou [[apartheid|segregacionistas]].
 
== En España ==