Estonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
| himno_nacional = Mu isamaa, mu õnn ja rõõm
| ficheiro_himno_nacional = US Navy band - National anthem of Estonia.ogg
| capital = [[TallínTalín]]
| capital_poboación = 401 821 ([[2005]])
| cidade_principal = [[TallínTalín]]
| idiomas = [[Estoniano]] e [[Lingua rusa|ruso]]
| idioma_oficial = [[lingua estoniana|Estoniano]]
Liña 76:
Arredores do [[século XIII]], Estonia atopábase dividida en 8 condados — Saaremaa, Läänemaa, Rävala, Harju, Viru, Järva, Sakala, e Ugandi. Despois de levarse a cabo unha serie de consultas entre os diferentes representantes e compoñentes de varios dos condados, tomaron a decisión de establecer un estado. Ata ese intre, Estonia conservara unha relixión pagá centrada arredor dunha deidade chamada Tharapita.
 
Estonia foi [[cristianismo|cristianizada]] cando os "Irmáns livonianos da espada" [[Alemaña|alemáns]] invadiron o sur do país como parte das cruzadas setentrionais a comezos do [[século XIII]]. Ó mesmo tempo, [[Dinamarca]] tentaba facerse co norte do país. No ano [[1227]] Estonia atopábase dividida entre os dous países. A parte norte de Estonia estivo baixo [[Dinamarca]] ata [[1346]]. [[TallinnTalín]] (coñecida como Reval naquel tempo) recibiu os [[dereitos de Lübeck]] en [[1248]] e uniuse á [[Liga Hanseática]] a finais do [[século XIII]]. No ano [[1343]], a xente do norte de Estonia e máis Saaremaa rebeláronse contra o dominio xermano na revolta da noite de San Xurxo, rematada en [[1344]]. Entre os anos [[1481]] e [[1558]] Estonia foi invadida sen éxito polos [[Rusia|rusos]]. Despois de [[1524]], durante a [[reforma protestante]], Estonia converteuse ó [[Luteranismo]].
[[Ficheiro:Tallinna vanalinn.jpg|miniatura|250px|Cidade antiga de TallinnTalín (Reval), mirando cara o porto]]
 
=== Suecia e Rusia ===
Liña 100:
Ademais das perdas humanas e materiais provocadas pola guerra, miles de estonianos foron asasinados e decenas de miles deportados polas autoridades soviéticas ata a morte de [[Iosif Stalin]] en [[1953]]. A dominación soviética repercutiu negativamente no crecemento estoniano, sendo case nulo en comparación ó das economías [[Suecia|sueca]] e [[Finlandia|finesa]].
 
Outro efecto debido á [[Unión Soviética]] foi a [[rusificación]] de Estonia. Centos de miles de [[Lingua rusa|ruso]]-falantes (a maioría da [[República Socialista Soviética de Ucraína]]) foron aloxados no país para a súa militarización e desenvolvemento industrial. O nivel de rusificación do país acadou o seu máximo nivel na década de [[1980]], cando os [[Xogos Olímpicos de 1980]] de [[Moscova]] (a olimpíada da Regata) tiveron lugar na cidade de [[TallinnTalín]], onde se produciron protestas contra as políticas migratorias da Unión.
 
=== Volta á independencia ===
Liña 178:
Estonia divídese en 15 condados (en [[estoniano]]: pl. ''maakonnad''; sg. - ''maakond''). Os [[condados de Estonia|condados]] son gobernados por cadanseu [[gobernador]], designado polo [[Goberno|goberno nacional]] e que representa localmente ao poder. O seu mandato é de cinco anos como o presidente, e teñen como función básica, facer a conexión entre os departamentos e os [[Concellos de Estonia|concellos]] do condado co goberno nacional <ref>{{Cita web |url=http://www.harju.ee/?aneu=10847Web |título=oficial do Condado de Harju (en inglés). |data-acceso=25 de maio de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090604200921/http://www.harju.ee/?aneu=10847Web |dataarquivo=04 de xuño de 2009 |urlmorta=si }}</ref>.
 
O principal condado da [[repúblicas bálticas|república báltica]] e o de [[Harjumaa|Harju]], onde se atopa a capital, [[TallinnTalín]] e onde vive o 38,8% da poboación do país<ref>{{Cita web |url=http://www.harju.ee/?lang=enWeb |título=oficial do Condado de Harju (en inglés). |data-acceso=25 de maio de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090604174542/http://www.harju.ee/?lang=enWeb |dataarquivo=04 de xuño de 2009 |urlmorta=si }}</ref>. Outros condados importantes son os de [[Pärnumaa|Pärnu]], [[Ida-Virumaa|Ida-Viru]] e o de [[Tartumaa|Tartu]].
 
=== Concellos ===
Liña 209:
Nos últimos anos vénse observando un descenso na [[poboación]], cifra ao redor do 0,5%, aínda que non é un caso illado na rexión, producíndose descensos semellantes na maioría dos países veciños. Na actualidade Estonia é un dos países cunha poboación máis xove da Europa desenvolvida, aínda que, de non reverterse este descenso, producirase a medio prazo un avellentamento da poboación que terá como consecuencia a falta de man de obra.
 
O maior grupo étnico da Estonia está formado polos [[Pobo estoniano|estonianos]], con case o 70%. A primeira e a segunda xeración dos emigrantes [[Unión Soviética|soviéticos]] (a maioría de [[Rusia]]) forman o 30% restante. A maioría dos [[Rusia|rusos]] habitan na capital do país ([[TallinnTalín]]) así como nas zonas industriais do nordeste de Estonia ([[Condado de Ida-Viru]]). Tamén destacan os descendentes dos [[Finlandia|finlandeses]] e os [[Suecia|suecos]], que historicamente habitaron as costas e as illas do noroeste do país, sendo alcumados "rannarootslased" ("Suecos da costa"). A maior parte dos suecos deixou o país en [[1944]], escapando da invasión soviética.
 
A lingua oficial do estado é o [[Lingua estoniana|estoniano]], unha lingua [[Linguas ugrofinesas|ugrofinesa]] achegada ó [[lingua finesa|finés]]. O estoniano foi influído historicamente polo [[Lingua alemá|alemán]], e polo [[Lingua sueca|sueco]]. Ademais da lingua oficial, o [[Lingua rusa|ruso]] é comprendido pola maioría dos estonianos entre os trinta e os setenta anos de idade, debido á súa obrigatoriedade durante os tempos da [[Unión Soviética]]. Hoxe en día, a maioría dos estonianos estudan o [[Lingua inglesa|inglés]] como segunda lingua, substituíndo esta ó ruso nas escolas.
Liña 219:
=== Cidades máis poboadas ===
{{Cidades de Estonia}}
[[Ficheiro:Alexander-Newski-Kathedrale full pc.jpg|200px|miniatura|dereita|Igrexa ortodoxa localizada na Cidade Vella de [[TallinnTalín]], construída en [[1894]]e influenciada pola arquitectura do [[Imperio Ruso]].]]
 
=== Relixión ===
Liña 235:
En todos os anos de dominio dos diversos pobos ([[xermanos|xermánicos]], [[Suecia|suecos]] e [[Rusia|rusos]]), a [[arquitectura]] estoniana sufriu diversas influencias. Estas influencias deron lugar a interesantes características na arquitectura estoniana, reflectíndose como exemplo no estilo [[Arquitectura do gótico|Gótico]] estoniano, nas igrexas [[Arquitectura da Idade Media|medievais]], nos detalles [[Renacemento|renacentistas]] dos edificios, nos castelos [[barroco]]s, nas casas [[neoclasicismo|de estilo clásico]] e nas vilas [[Art Nouveau]].
 
Como símbolos arquitectónicos nacionais destacan a medieval [[TallinnTalín]], a barroca [[Narva]], [[Pärnu]], cidade litoral senlleira pola súa arquitectura dos anos [[1930|30]] e [[Tartu]], cidade universitaria de estilo clásico.
 
=== Teatro ===
A historia do [[teatro]] en Estonia é centenaria. Comezou profesionalmente en [[1906]], da man do director [[Karl Menning]] na cidade de Tartu. Máis adiante, uniuse TallinnTalín, cidade na cal [[Theodor Altermann]] e [[Paul Pinna]] comezaron a producir as primeiras obras teatrais da capital. Co tempo xurdiron importantes nomes no teatro estoniano, como [[Voldemar Panso]], [[Evald Hermaküla]] e [[Priit Pedajas]].
 
Na súa curta historia, o teatro mobilizou a moitas persoas grazas á súa accesibilidade. No país existe unha [[Ópera]] Nacional, oito Teatros nacionais, tres Teatros municipais e 10 teatros privados, todos eles nas cinco grandes cidades estonianas, alén de numerosas escolas de teatro espalladas polo país.