Dinís de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Desfixéronse as edicións de 193.144.97.125 (conversa); cambiado á última versión feita por Estevoaei
Etiqueta: Reversión
Liña 40:
Foi o sexto [[Lista de reis de Portugal|rei de Portugal]]. Alcumado ''o Labrador'' ou ''o Rei-Agricultor'', polo impulso que deu no reino a aquela actividade, e aínda, ''o Rei-Poeta'' ou ''o Rei-Trobador'', dado que, grande amante das artes e das letras, foi un famoso [[trobador]] que cultivou as [[Cantiga de Amigo|cantigas de amigo]], de [[Cantigas de amor|amor]] e de [[Cantiga de escarnio e maldicir|escarnio e maldicir]], contribuíndo no desenvolvemento da [[trobador|poesía trobadoresca]] na [[Península Ibérica]]. Algúns pensan que foi o primeiro monarca portugués verdadeiramente alfabetizado, asinando sempre co nome completo.<ref>{{cita web |url=http://web.archive.org/web/20040716113450/www.instituto-camoes.pt/cvc/bvc/bibbreve/019/bib19.pdf |edición=[[Instituto Camões]] |formato=PDF |obra= |autor= |título=Para a história da literatura popular portuguesa |data= |dataacceso= 08-09-2016}}</ref> Impulsou a tradución de moitas obras para o portugués, entre elas os tratados do seu avó Afonso X, o Sabio.
 
En [[1282]] casou coa [[infanta]] [[Isabel de Aragón]], que sería coñecida como a ''Raíña Santa''. Ao longo dos 46 anos do seu reinado foi un dos principais responsábeis da creación da identidade nacional portuguesa, e o albor da conciencia de Portugal en canto [[Estado|estado nación]]. En [[1297]], despois da conclusión da [[Reconquista]] polo seu pai, definiu as fronteiras de Portugal no [[tratado de Alcañices]] con [[Reino de Castela|Castela]]. Realizou relevantes reformas xudiciais, instituíu a [[lingua portuguesa]] como [[lingua oficial]] da corte, creou a primeira Universidade portuguesa, liberou as [[Orde militar|Ordes militares]] no territorio nacional das influencias estranxeiras e proseguiu o sistemático crecemento do centralismo rexio. A súa política centralizadora foi articulada con importantes accións de fomento económico, como a creación de inumerábeis concellos e feiras. D. Dinis ordenou a explotación de minas de cobre, prata, estaño e ferro, e organizou a exportación da produción excedente para outros países europeos. En [[1308]] asinou o primeiro acordo comercial portugués con [[Inglaterra]]. En [[1312]] fundou a [[Armada (mariña)|Mariña]] portuguesa, nomeando o primeiro almirante de Portugal, o [[Xénova|xenovés]] [[Manuel Pessanha]] (Emanuele Passagno, en [[lingua italiana|italiano]]),<ref>[http://www.treccani.it/enciclopedia/pessagno_(Enciclopedia-Italiana) Pessagno] na Enciclopedia italiana en liña. {{it}}.</ref><ref>[http://www.treccani.it/enciclopedia/emanuele-pessagno/ Emanuele Pesano] na Enciclopedia italiana en liña. {{it}}.</ref> e ordenando a construción de [[dársena]]s e [[molle]]s.
 
Entre [[1320]] e [[1324]] houbo unha [[guerra civil]] entre o rei e seu fillo, o futuro [[Afonso IV de Portugal]]. Este xulgaba que o pai pretendía legar o trono a [[Afonso Sanches]], o seu irmán bastardo. Nesta guerra, o rei contou con pouco apoio popular, pois nos últimos anos do reinado deu grandes privilexios aos [[nobres]]. O [[infante]] contou co apoio dos concellos. A pesar dos motivos da revolta, esta guerra foi no fondo un conflito entre grandes e pequenos. Despois da súa morte, en [[1325]] foi sucedido polo seu fillo lexítimo, Afonso IV, a pesar da oposición do seu favorito, o fillo natural Afonso Sanches.
 
== Accións de goberno ==
 
Como herdeiro da coroa, D. Dinís dende moi cedo implicouse nos aspectos de gobernación polo seu pai. Á data da súa subida ao trono, Portugal estaba en conflito coa [[Igrexa católica]]. D. Dinís procurou normalizar a situación asinando un tratado co [[Nicolao III, papa|papa Nicolao III]], onde xuraba protexer os intereses de Roma en Portugal. Salvou a [[Orde do Temple]] en Portugal a través da creación da [[Orde de Cristo]], que herdou os bens dos [[templario]]s en Portugal despois da súa extinción.