José María García Leira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m modelo biografía
Biografia aumentada
Liña 2:
'''José María García Leira''', nado o [[28 de novembro]] de [[1934]] en [[Vilalba]], é un político galego.
== Traxectoria ==
 
É xestor administrativo e axente da propiedade. É membro do [[Partido Popular de Galicia]], foi alcalde de Vilalba (1979-1990), vicepresidente da [[Deputación de Lugo]] (1983-1989) e desde 1990 é deputado no [[Parlamento de Galicia]], foi o seu presidente desde 1997 a 2005.
 
Cursou os seus primeiros estudos en Vilalba na escola de Dna. Sagrario e logo na Escola da Feira. O bacharelato fíxoo no Colexio dos Xesuítas de Vigo. O primeiro curso de Dereito faio na Universidade de Santiago de Compostela en 1952, e os restantes, ata obter a licenciatura na Universidade Complutense de Madrid. Xestor administrativo por oposición, en 1963 abre un despacho profesional en Vilalba. Por esta mesma época obtén os títulos de Axente de Propiedade Inmobiliaria, Corredor de Seguros e Administrador de Leiras. Obtén o título de profesor e director de autoescola e complementa a súa actividade empresarial dirixindo escolas de ensino de ensinanza de condutores en Vilalba e Muimenta - Cospeito. Destacou a súa participación, entre outras, nas seguintes actividades lúdicas e culturais da vila. Presidente e cofundador da Masa Coral Vilalbesa; cofundador e membro redactor do regulamento do Centro Cultural Recreativo; socio fundador da Sociedade Deportiva A Conexeira; cofundador dos Pepes de Vilalba; membro do Padroado Hospital Asilo, etc. Exerceu como xuíz municipal de Vilalba de 1968 a 1978. A súa carreira política iníciase nas primeiras eleccións municipais de 1979, sendo candidato á alcaldía por Alianza Popular e saíndo elixido por maioría absoluta. Ao cargo de alcalde preséntase novamente entre 1983 e 1987, obtendo nesas dúas convocatorias aínda mellores resultados electorais. Ao longo do seu período na alcaldía, destacan como actuacións máis sobresalientes: a construción da praia fluvial, a construción do polígono industrial, a Casa da Cultura, o Centro da Terceira Idade, o Centro Social, a Praza da Constitución, a Praza do Mercado, tres grupos escolares en parroquias de Vilalba, posta en marcha do Conservatorio de Música de Vilalba, creación da Banda Municipal de Música, creación da posta da Cruz Vermella de Vilalba e máis de trinta pontes e trescentos quilómetros de pistas, entre outras actuacións. Simultaneamente co cargo de Alcalde, forma parte da Deputación Provincial de Lugo, representando ao Partido Xudicial de Vilalba, sendo vicepresidente 1º desa Corporación Provincial desde 1983 a 1990. Nese ano cesa como alcalde e como vicepresidente da Deputación, ao ser elixido Deputado do Parlamento de Galicia e ser elixido vicepresidente 1º da institución. Volve saír reelixido en 1993. En 1997 sae elixido presidente do Parlamento de Galicia. En 1999 foi elixido presidente da Conferencia de Presidentes das Asembleas Lexislativas das Rexións de Europa. Preside este órgano durante o ano 2000, momento no que se celebra en Santiago de Compostela a IV Coferencia de Presidentes. No ano 2001 sae reelixido presidente do Parlamento de Galicia, cargo que exerce ata 2005
 
 
{{Start box}}
Liña 9 ⟶ 12:
{{End box}}
 
 
'''Outros datos de interes'''
 
Distincións: -Presidente de Honra do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia. -Vicepresidente 1º da Fundación Manuel Fraga Iribarne. -Título de amigo da Muralla de Lugo. -Membro da Confraría do Capón de Vilalba. -Membro distinguido do Terzo de Galegos de Buenos Aires. -Visitante Ilustre da Cidade de Montevideo. -Caballero do Capítulo Serenísimo do Viño Alvariño. -Socio de Honra do Centro Iberoamericano de Estudos Sociais e Políticos de Uruguai. -Caballero da Orde da Alquitara de Portomarín.
<br />
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===