Abrir o menú principal

Cambios

m
ligazón interna
== Valimento do conde-duque de Olivares ==
=== Reformas internas ===
Obxectivo prioritario do seu mandato sería restaurar o poder da [[Coroa de Castela|coroa]], que sufrira unha diminución considerábel no reinado anterior. Delegou as atribucións de goberno no poderoso conde-duque de Olivares ([[1621]]-[[1643]]), coa fin de realizar un ambicioso proxecto de [[reforma]], que afectaba á maior parte das institucións. A súa primeira tarefa centraríase na [[Facenda]], tentando recuperar as rendas perdidas: control sobre o gasto público, ordenación e estruturación do sistema impositivo etc. No ámbito económico xeral, tentouse importar o modelo [[Mercantilismo|mercantilista]] holandés e apresentouse o proxecto da "''[[Unión de Armas]]"'', coa finalidade de ordenar e canalizar os recursos provenientes dos territorios periféricos, necesarios para manter un [[exército]] potente, que puidese afrontar os [[conflitos armados]] abertos e máis, de paso, estabelecer a periodicidade e a seguranza das entregas para a Facenda real. O proxecto de reformas completaríase con medidas moralizantes, propostas pola ''Xunta de Reforma'', entre [[1618]] e [[1622]].
 
En [[1624]] a ideoloxía reformadora plasmouse no ''Gran Memorial'', destacando, como grandes liñas de actuación, a consecución dunha [[monarquía]] de talante administrativo, dominada pola eficacia e a racionalización das accións de [[goberno]], encamiñadas cara o cumprimento de obxectivos e con criterios puramente executivos.
10.801

edicións