Ingmar Bergman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 55:
== Traxectoria ==
=== Orixe e primeiras experiencias ===
Nado en [[Uppsala]] en 1918, nun convento protestante, o seu pai, Erik, era un pastor [[Luteranismo|luterano]] duro e severo de fortísima personalidade, e de Karin Akerblom, filla dunha familia acomodada de Estocolmo. Ingmar é o segundo dunha familia de tres fillos: un irmán maior, Dag e unha irmá máis nova, Margareta, que chega ao mundo catro anos máis tarde. Ingmar viviu a súa infancia seguindo os desprazamentos do seu pai, por quen foi educado consonte os conceptos luteranos de ''"pecado, confesión, castigo, perdón e graza"'', temas que logo serán recorrentes nos seus [[filmes]].
 
O pai comezou o seu ministerio pastoral no hospital de Uppsala, e despois foi nomeado pastor da igrexa ''Hedvig Eleonora'' en Estocolmo e, finalmente, cura da corte real. Era recoñecido como un excelente orador, mais tiña un temperamento irritable, como explica Bergman na súa biografía: ''Non podiamos asubiar, non podiamos andar coas mans nos petos; de súpeto decidía repasar unha lección e se non a sabía castigábanos. Padecía moito de ouvido sensible... os ruídos fortes o exasperaban''.<ref name=Lanterna>A lanterna máxica, páx. 125.</ref> A figura do pai aparecerá en tres filmes: ''[[Fanny e Alexander]]'' ([[1982]]), ''[[Den goda viljan]]'', de Bille August ([[1992]]) e ''[[Enskilda samtal]]'', de Liv Ullmann ([[1996]]). Novo aínda, contra a vontade dos proxenitores, que querían que fose sacerdote, marchou para [[Estocolmo]] en [[1936]].
 
Novo aínda, contra a vontade dos proxenitores, que querían que fose sacerdote, marchou para [[Estocolmo]] en [[1936]]. Logo de realizar os estudos superiores e o [[servizo militar]], inscribiuse na [[Universidade de Estocolmo]], onde frecuentou un curso de [[Historia da literatura]] (a súa tese versará sobre o dramaturgo [[August Strindberg|Johan August Strindberg]]), iniciándose ao tempo no teatro estudiantil e escribindo textos para algúns dramas. Como axudante de director, comeza tamén a traballar no Teatro da Ópera.
 
=== Os primeiros filmes e o teatro ===