Diferenzas entre revisións de «Gonzalo Rodríguez Mourullo»

m
Notas e bibliografía
m (Notas e bibliografía)
{{Sen referencias|data=marzo de 2015}}
{{Escritor
|nome = Gonzalo Rodríguez Mourullo {{Medalla|Castelao}}
|notas =
}}
'''Gonzalo Rodríguez Mourullo''', nado en [[Balcaide, Calo, Teo|Balcaide]] ([[Calo, Teo|Calo]], [[Teo]]) en [[1935]], é un escritor, avogado e xurista galego.<ref>«A literatura axúdame no Dereito», entrevista en ''[[La Voz de Galicia]]'', 6-2-2002, p. 34.</ref>
 
== Traxectoria ==
Fillo de [[José Rodríguez Vázquez (político)|José Rodríguez Vázquez]]. Estudou dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]], foi catedrático de dereito penal na [[Universidade de Oviedo]], na [[Universidade de Santiago de Compostela]] (1970) e na [[Universidade Autónoma de Madrid]] desde 1970.
 
Dende moi novo escribiu relatos curtos, algúns foron publicados na revista ''Vamos'' do colexio Minerva de Santiago de Compostela. En [[1954]] publicou ''Nasce unha árbore'', ano no que obtivo o primeiro premio de contos do [[Centro Galego de Bos Aires]], e en [[1956]] ''Memoria de Tains'' (galardoado nas festas Minervais), obras que sentaron as bases dunha fonda renovación na literatura galega que deu orixe á [[Nova Narrativa Galega]], pero deixou de escribir e rompeu calquera relación co sistema literario galego. Tamén colaborou en ''[[La Noche]]''.
 
Tivo un papel destacado na elaboración do Código Penal de [[1995]] como relator xeral do proxecto de [[1980]] e foi o avogado defensor de [[Emilio Botín]] no xuízo que o xulgaba por xubilacións millonarias e no cal resultou absolto. Foi tamén un dos avogados do político galego [[Pablo Crespo]] durante a investigación da trama [[Gürtel]].
 
No ano [[2003]] foi condecorado pola [[Xunta de Galicia]] coa [[Medalla Castelao]].
 
== Vida persoal ==
 
Casou con Matilde Otero Varela. É pai de Gonzalo, Alberto, Pablo e Laura Rodríguez-Mourullo Otero.
 
== Obras ==
=== Narrativa ===
=== Obras colectivas ===
* ''Medusa'', [[1985]], [[Sotelo Blanco Edicións|Sotelo Blanco]].
== Notas ==
 
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
*{{Cita libro |título= Diccionario da literatura galega I Autores|nome= |apelidos= |ligazónautor= |coautores= |ano= 1995|editorial= Galaxia|localización= Vigo|isbn= 84-8288-019-5|páxina= }}
 
{{Medallas Castelao}}
94.133

edicións