Diferenzas entre revisións de «Gonzalo Rodríguez Mourullo»

 
== Traxectoria ==
Fillo de [[José Rodríguez Vázquez (político)|José Rodríguez Vázquez]]. Estudou dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]], foi catedrático de dereito penal na [[Universidade de Oviedo]], na [[Universidade de Santiago de Compostela]] (1970) e na [[Universidade Autónoma de Madrid]] desde 1970.
 
En [[1954]] publicou ''Nasce unha árbore'', ano no que obtivo o primeiro premio de contos do [[Centro Galego de Bos Aires]], e en [[1956]] ''Memoria de Tains'' (galardoado nas festas Minervais), obras que sentaron as bases dunha fonda renovación na literatura galega que deu orixe á [[Nova Narrativa Galega]], pero deixou de escribir e rompeu calquera relación co sistema literario galego.